martes, 14 de agosto de 2007

RECOMENDACIÓNS PARA O PONTELOUCO 2


A organización recordalle a tódolos asistentes que o consumo en publico de hachis está prohibido, non polo noso parecer; pero si coma ten pasado outros anos ven a secreta e te pilla son 300€.

Busca alternativas, ...

4 comentarios:

Banchas dijo...

A verdade que este detalle réstalle moitos puntos a este festival porque hoxe en día o consumo desta substancia está moi xeralizada pola mocidade, e se nos quitan os petas e inda por riba nos poñen 300 ouros de multa.... bota moito pra atrás, e non anima a achegarse a Castro Caldelas sabendo que, por exemplo, en Pantón hai outra festa. Eu teño un colega que sufruiu as consecuencias das redada de hai uns anos e di que non volve. E coma el uns cantos máis de Ourense, que arrastran consigo ós seus amigos.. Eu anímovos dende eiquí a que movades fíos para que os picoletos levanten a mau esa noite, sexan máis permisivos e deixen fumar libremente cada un o que queira. Que non se lle fai mal a ninguén. Saúde, sorte, azos e pulos para esta edición do fetival.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Banchas, canto sentimos o que dis. Comprenderás que nós non temos nada que ver no dos picoletos. Se poñemos o aviso é porque nos jode bastante ista marcaxe que nos teñen, non entendemos moi ben por qué. O de facer algo... se souperas cantos amigos picoletos temos e que non poden facer nada...Só vos podemos dicir que o Ponte Louco merece a pena, que hai moitos recunchos nos que agocharse ou "traer o traballo feito da casa" por dicilo dalgunha maneira, queremos que a xente teña coidado precisamente para que non lle pase o mesmo que ós teus colegas. Un abrazo e qu, vaias onde vaias, disfrutes da festa

Anónimo dijo...

Este ano non houbo secreta non? A ver si con ese parón no 2006 os despistastes.

Anónimo dijo...

Non, este ano non nos acompañaron os da secreta, pero non vos despistedes, porque probablemente en próximas edicións nos fagan algunha visita.
Saúdos.