jueves, 16 de agosto de 2007

ZONA DE ACAMPADA: AREA RECREATIVA PONTE DAS TABOAS

Antes de nada temos que agradecerlle a Bautista Sotelo que nos deixara "roubarlle" esta foto do seu blog (maisaladotransformador) para que poidésedes comprobar como é a zona preparada para a acampada.
A area recreativa Ponte das Taboas está a dous quilómetros do Castro dirección Trives (c-536). Nesa dirección atoparedes un cruce a esquerda e xa vedes a piscina. Se vides da zona de Trives ó Castro, teredes o cruce a dereita. En ambolos dous casos haberá indicacións de PISCINA (tamén un cartel que pon MAZAIRA e A MOÁ). No medio dopobo poremos ourtra indicación, xusto ó lado do cartel de A-76 POR OURENSE.
Infórmovos de que non se pode acampar na zona mais cercana ó rio por se houbera inundacións (cousa pouco probable, pero toda precaución é pouca). De tódolos xeitos esa zona estará delimitada con cinta e carteis. respetadeos porque se non poden vir os do SEPRONA e multarvos (os de cerceda creo que saben de que falo). Tedes duchas de auga fría que vos virán moi ben para o domingo pola mañá, e este ano as portas dos lavabos quedarán abertas toda a noite para maior comodidade.
Por favor COIDADE A ZONA. É un area que utiliza moita xente e non ten por que atopar desperdizos ou vasos rotos.
XA NON FALTA NAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAADA, SÓ DOUS DIAS.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Ola!(de novo)
Decir que despois do primeiro ano a zona de acampada sempre estivo delimitada, o do primeiro ano foi aparte e todo o que pasou foi que os do SEPRONA nos despertaron antes do que nos tiñamos previsto levantarnos pero ó final todo acabou ben, non houbo multas (tampouco nos identificamos) e cando acampamos tan cerca do río só tratabamos de ter boa sombra pola mañá. Moi de acordo co de respetar a zona delimitada para acampar, aínda que o das inundacións me parece unha chorrada pero nunca se sabe, e sobre todo respetar a zona de acampada en canto a deixala limpa porque a verdade é que resulta noxento cando chegas a un sitio coma ese a disfrutar do entorno e do día e que o atopes cheo de merda, ademáis alí vai parar máis xente que a que vai ó festival (un ano coincidimos cunha asociación de amas de casa que preparaba alí un churrasco) e o final para quen queda a mala imaxe e para quen organiza todo isto que tanto nos gusta.Por favor: sexamos civilizados, pero civilizados de verdade.

Anónimo dijo...

chus, moitas gracias por corroborar e apoiar todos os nosos ruegos.
Mañán vémonos