sábado, 26 de enero de 2008

Andaina por Caldelas

Xa hai tempo que vimos traballando modestamente dende esta Asociación de dende o Centro Comarcal Terra de Caldelas para sinalizar unha rota pola zona. A proposta que vos facemos é unha presentación do que levamos feito: unha modesta sinalización e un folleto.

O percorrido da rota é o seguinte:
Saímos do castro cara Camba, onde realmente empezan os sendeiros, por aí baixaremos ata estrada que vai a Trives, e iremos por un camiño paralelo que cruza o Río Caldelas (por iso é conveniente levar calzado impermeable) ata chegar á fonte de Piñeira, e dende aí ir ata a piscina, área que atravesaremos para baixar polo sendeiro que vai á beira do río ata o Muíño da Ponte, e dende aí subiremos polo camiño que vai dar á estrada Monforte (Esta é a rota sinalizada e que ven no folleto)
Aquí ademais hai dúas variante:
1. dende a Fonte de Piñeira coller por Montemiau cara a Casasoá, Basteiros e baixar polo río ata debaixo de Condelle e iríamos dar á piscina por riba da ponde da estrada que vai a Mazaira. (esto sería 2-3 quilómetros máis)
2. Tamén dende a Fonte de Piñeira subiríamos ao Burgo onde colleríamos a Vía Nova pasando por Vilamaior ata Castrelo, e dende aí baixaríamos cruzando a Veiga de Sas, e dende Os Casares iríamos dar a Casasoá onde empataríamos coa alternativa 1.
Ó chegar ó Castro, temos idea de que cada un coa súa comida, vaimos comer á carballeira que hai debaixo do xardín que hai debaixo da parada de buses (tamén coñecido como o Versalles caldelao).
Para a tarde temos previsto outra rota que sairía do Castro po Vilanova, O Barreal, e Valverde ata chegar á curva do Rosario (uns trocos por asfalto e outros por camiño), e dende aquí subiríamos ata Pigueiros, As Barreiras concretamente, para ir ata a reitoral, onde colleríamos o camiño que baixa a Santa Tecla, pasaríamos por San Paio, e remataríamos na Abeleda, e dende aí volver en coche.
Todo esto é unha proposta á que cada quen se pode apuntar na súa medida (é dicir pódese vir só pola tarde ou pola mañá, ou incluso pódese vir só a comer o bocata).

Entón, o noso obxectivo é que participedes neste debate sobre cal sería a mellor rota, se estades dispostos a participar, ... nós xa temos algunha proposta, se vemos que o grupo é medianamente grande coller un microbús, que nos sairía económico; a data que propoñemos é o venres 21 de marzo (é o Venres Santo).

Esperamos as vosas opinión e a vosa participación. Para apuntarse chamar ao Centro Comarcal: 988204603.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

A proposta PARÉCENOS FANTÁSTICA E PRECIOSA, por algo xa a fixemos xuntos. Nós ainda non sabemos si poderemos ir (vaia ano: nin andaina, nin ponte louco, horror de los horrores), pero si estamos, FARÉMOLA sin dubidar. Que a xente saiba que a segunda ruta da que falas é da que xa hai fotos na bitácora nunha entrada antiga(¿as cores do outono? non estamos seguros do título). Outra cousa ¿as dúas rutas son se farán moito para algúns/as?? (jeje, xa sabedes quen fala). Bueno, a verdade é que dedicándolle todo o día non ten por qué ser así. O da idea de comer na carballeira "sub-versalles" é apoteósica. Por fin lle daremos uso, co bonita que é. Moitos bicos e noraboa polo traballo do folleto e o da sinalización a ti, Juan Luis, e a Dory.

Anónimo dijo...

Esperemos que vos animedes, porque a verdade e que eu xa a fixen e merece a pena.Ahora esperemos temén que as condicións meteorolóxicas nolo permitan (a ver que tempo nos ven para aquelas).

dory dijo...

Pola miña parte espero que sexan moitos os que se apunten a esta andaina.
Dende o Centro Comarcal darémoslle publicidade para que así sexa.
Aquí levaremos a conta de todos os que se anoten e informaremos do percorrido ou dos posibles cambios que se podan dar se as suxerencias así o aconsellan. Xa temos un pequeno folleto que se colgará no blog para que o que o desexe vaia "facendo camiño".
Espero que este blog sexa un lugar de encontro para todos os que nos interesa o sendeirismo.
Hai moita xente que nos pode ensinar camiños preciosos que non coñecemos e outra moita que se pode poñer en contacto cos camiñantes habituais para facer esas saidas ó campo que non fan por non ter con quén, ou por non coñecer as posibilidades.
Noraboa pola idea e que sexa a primeira de moitas mais andainas.

Anónimo dijo...

Hola a todos:

Esta fin de semana Fomos eu e a Dori a facer a parte que baixa ata SAn Paio e Abeleda, eu xa a tiña faito varias veces, pero non sei si é por o entumecemento poropio da época de exames, o caso é que me custou algo máis que noutras veces. O que falamos é que ó mellor sería bo so facer a parte da maña e varallamos unha alternativa entre a mediana e a grande, que sería dende Piñeira subir ó Burgho e facer parte da Vía Nova ata Vilamaior, e dende aí cortar xa pola Veiga, e así pasamos ao lado dos petroglifos (que nadie se faga grandes espectativas).
Ademais eu estiven mirando unha parte da rota que está por riba da piscina e estiven limpando coma eu ben (ou mal) puiden.
En próximas ocasión iremos dando máis info.
Esperamos opinións e particpación

Anónimo dijo...

Moi boas. Encantaríame facer esa ruta, mais que nada porque hai sitios por onde nunca pasei. Ainda que en principio en Lumeares barallaváse facer a terceira edición de sendeirismo por esas datas. Pero ainda nos sei como vai ese proxecto. Un saudo.
oscar.

Anónimo dijo...

Pero entonces a ver se nos pomos de acordo e facemos que non coincidan as datas así poder facer as dúas. Falaremos con Cándido a ver si él nos pode decir algo e se xa saben a data. Gracias por os teus comentarios, menos mal que alguén se acoda de entrar no blog(estou pensando que esto non o farás para que che poñamos o White Label no Ponte Louco non?je,je)

Anónimo dijo...

Xa estou en contacto co Can-dido para que non coincidan as datas. Outra idea que temos (ou teño) e facer que este sitio sirva para anunciar outras actividades se interese: portelazo (a ver se o vexo en semana santa), andainas, cine (que fai xestreu) e outras, e así poder ter un sitio común a xeito de taboleiro de anuncios e para que non coincidan datas.
E bueno xa que eres un deses que se une asiduamente a este blog vai haber que empezar a varallar a idea de ter White Label, ainda que solo sexa unha botella.

Anónimo dijo...

Os de Montederramo tamén nos unimos que parece que só nos vemos pa ir de festa...aínda non nos apuntamos pero contade con nós q é unha idea macanuda bicos a tod@s

Anónimo dijo...

Vale, estupendo, pero se vides seguro avisai a Dori no Centro Comarcal( o teléfono está nesta entrada)para que así conten ca xente e dar os horarios e todo.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Senón tamén podedes mandar un mail á:
ftcaldelas@cetadec.net
Non é que sexa preciso apuntarse pero vennos ben para facernos unha idea de canta xente vai a ir.

Anónimo dijo...

Onte falei co Candido, xa estamos cominikaos. Os de Lumeares están pendientes dos do teatro de Salcedo para esas datas, así que xa iremos informando sobre as datas do sendeirismo, do teatro e demais.
Saúdos