viernes, 11 de enero de 2008

O SEBASTIÁN


Sirva este artigo de pequena homenaxe a este home que tan felices fixo a moitos nenos e nenas caldelaos ó construirlles o máis fermoso fachón. Mágoa que non teña ningunha foto dil.

Cando eu era pequena, na década dos setenta e oitenta, ainda se segaba a man e se facían palleiros. Naquela época a festa dos fachós non tiña tanta sona "internacional" pero nós pasabamolo igual de ben. Daquela, cando se acercaba o 19 moitos nenos subiamos as Laguiñas ou o Toural á casa do Sebastián. Si mal non recordo era o único do pobo que levaba o nome do patrón, agora xa non queda ninguén. No baixo da súa casa, no mes de xaneiro, había sempre un gran montón de palla. Tu ías alí e pedíaslle que che fixera un fachón e el dicíache que che faría o máis bonito de todos. Eu quedeime algunha vez coa súa neta e ca Pepita do Toural mirando como os facía, como xuntaba a palla, como facía os atadullos (que, por certo, eu dispois nunca sabía desfacer). Cando o fachón estaba rematado íaste para á tua casa todo orgulloso.

¡Cántos fachós debeu facer o señor Sebastián ó longo da súa vida! ¡Qué amable era con nós!.

Os nenos, que xa se "sabe" que son máis valientes e "manitas" que as nenas, facían os fachós iles sós. Lembro que ata había competicións entre os da Pena e os demáis.

O Sebastián era un home baixiño e miúdo, solía levar biseira. Paréceme lembrar que tamén tiña un pequeno bigotiño, o mellor eso só é certo na miña imaxinación. Para min o máis significativo do seu rostro eran os seus pequechos e brillantes ollos.

Agora o Sebastián xa non está con nós pero vive no recordo do paraíso perido da miña infancia e seguro que no de moitos caldelaos máis. Dende xa fai anos tamén, como non hai palla segada á man, o Concello é o encargado de facer fachós para todos. Por iso, cada certo temp, organízase en Quintela de Mazaira unha sega e malla tradicionais, logo fise un palleiro do que se saca a materia prima para os fachós de vario anos.
(A FOTO QUE ILUSTRA O ARTIGO FOI FEITA POR DORY, DA FUNDACIÓN COMARCAL TERRA DE CALDELAS, E GAÑOU O 4º PREMIO NO III CONCURSO FOTOGRÁFICO RIBEIRA SACRA)

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Seguro que entre los que leen este blog, más de uno y de dos (aparte de la propia autora que ya te ha rendido su homenaje) también se acercaron hace muchos años, cuando levantaban poco más de un metro del suelo, a pedirte consejo o lecciones implícitas sobre el arte de hacer fachones. Muchos y muchas habrán pasado contigo alguna fría tarde de invierno viendo cómo juntabas la paja y cómo hacías los nudos (tres, cuatro, cinco, dependiendo del estirón que hubiese dado el infante que solícito esperaba su premio), muchos habrán aprendido allí a hacer sus propios fachones.
¿Dónde están esos muchos? Yo quiero sumarme al homenaje que se te rinde desde este blog y quiero que sepas que también formas parte del paraíso perdido de mi infancia. Gracias Sebastián.

Anónimo dijo...

Eu non tiven o pracer de coñecelo pero mostrolle de todas maneiras o meu respeto e o meu agradecemento a un home que axudou a manter esta festa que por a xente, o pobo e o ambiente é única.

Anónimo dijo...

Por certo e antes de que se me esqueza, inda que otempo parece que se pon chungo, respirade tranquilos, podemos confirmar(gracias o INM) que o sábado teremos unha temperatura máxima de 11 e mínima de 3 sin posibilidad de chubascos (bueno pon con un 5% de posibilidades de chubascos, pero eso para nós non é nada). O sea que vide preparados porque vai facer un frío do carallo, pero non vai chover.Polo que si os caldelaos que andades por o mundo perdidos estávades collendo medo o oir falar de alertas e temporais, non cagarse e ide facendo a maleta...

SO QUEDAN 3 DIAS!!!PREPARAIVOS!!!!!

Anónimo dijo...

Bueno, Natalia, lémbroche que no pasado pontelouco a probabilidade de choiva era a mesma e ó final, jajajajajaja. Espero que esta vez as prediccións sexan máis acertadas. Os que viñades xa sabedes: roupa de moito abrigo, pero vella (as moxenas queiman), bo espíritu e ganas de troula e pasalo ben. O concello fai fachós para todos (esperemos) e tamén se reparten refrescos, viños e bocadillos de chourizo GRATUITAMENTE, esto quere dicir que non hai que pedir tres ou catro e logo tiralos, non sexades patéticos/as: pedide o que vaiades comer e non tiredes nada que a vida vai moi cara e hai moita xente morrendo de fame (coño, parezco Pepito grillo, o de Pinocho)

Anónimo dijo...

Co que está caendo estos días en Ourense provincia, asegúroche que si solo dan un 5% de posibilidaddes de choiva estamos salvados, ahora eso sí eu non digo nada do que nos vai chover por dentro, que máis de un pillaremos unha boa "jardinera".

Anónimo dijo...

acabo de ver la foto del satélite meteosat y, como el anticiclón de las azores está en su sitio, las borrascas van hacia arriba (creo). Resumen: según esto NON CHOVE NOS FACHÓS

alegria dijo...

e se chove que chova que nunca choveu que non escampara... eu mirei nunha páxina alemana que sempre consulto pa vendima e non falla nunca, e NON VAI CHOVER!!!! vémonos o sábado

Anónimo dijo...

Bueno Roseta menos mal que as de Montederramo tamén se animan no blog. Vémonos o sábado, non veñades tarde, coma sempre e....
¡VIVA O BIDUEIRAL!
¡VIVAN OS FACHÓS!

Anónimo dijo...

Eu lembro que o meu fachón e o dos meus irmáns faciámolo en San Julian nun palleiro ó carón da casa dos meus avós. Despois ata levalo á procesión estaba gardado na tenda do meu avó.

Anónimo dijo...

Esquecíame que o encargado de facérnolo cada ano era o José de Aguíl.

Anónimo dijo...

Gracias Milucho por participar, a ver cando falamos... que temos que quedar para París. Quen nos vería alí posando cun fachón ó lado da Torre Eiffel. Eu teño un, pero non sei si colará coma equipaxe de man. Bicos

Anónimo dijo...

Creo que o fachón non ía colar. O que si podes levar é unha botella de herbas ou licor que din que nas alturas sabe mellor. En canto ós fachós soamente recomendar á xente que siga as túas recomendacións para outro ano. Sobre todo que estudien o apartado de como hai que levar o fachón. Xa falamos.

Anónimo dijo...

O de que sabe mellor nas alturas seica o dixo Melendi