lunes, 21 de enero de 2008

XA TEMOS DIBUXO PARA A CAMISETA DO PONTE LOUCO 2008



O concurso mundial de debuxos para a camiseta do ponte louco 2008 rematou e xa ten gañador...a!!!!!!!!!!!

Estamos preparando unha entrevista por todo o alto a esta persoa. ¿Quén será? Redobre de tamboressssssssssssssss, máaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaxima tensiónnnnnnnnnnnnnnnnn. Só vos vou dicir que a coñecedes de sobra e que ó final gañaron dous deseños que son os que aparecen na foto (así teredes que mercar dúas camisetas, jejeje).

Mentres preparamos a súa entrevista e eu acabo coa redacción do que foron os fachós (xa logo parece o Quixote, ídesvos aburrir de ler) esperamos ansiosos as vosas opinións sobre os debuxos.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero, imos ver, teño que amenazar como Natalia, non léstedes o que di esta entrada: ESPERAMOS ANSIOSOS A VOSA OPINIÓN SOBRE OS DIBUXOS!!!!!!!!!!!! ¿onde estades?????????????? ¿Hai alguén aí? Moito participar nos fachós, moito beber viño, moito comer chourizo, pero hai que ver o que vos costa participar aquí cun comentariño de nada

Anónimo dijo...

Por certo, a min gústame máis o da espiral, pero penso mercar as dúas camisetas.

Anónimo dijo...

Non vos dades conta do traballo que tivemos que pasar para elexir os dous debuxos gañadores. Tiñamos máis de cen debuxos para elexir, pero o final reinou o consenso e tras moito deliberar na casa da Teti e de Pais antes de salir os fachós decidimos que sen dúbida os mellores eran estos dous.O gañador/a levará un viaxe a Canarias para dúas personas, sete días( con todo pago, por suposto),2 bicas,20 botellas de Sollío, 5 de licor café made in Horacio,catro queixos de cabra elaborados en Castro Caldelas,barra libre no Ponte Louco durante toda a noite e un curso de iniciación a escalada.

Gracias, de todo corazón a todos os participantes, foi moi difícil tomar unha decisión de este calibre, pero as cousas son así.Supoño que algun que, o mellor, quixo no seu día mandar o debuxo ahora estará dándose de ostias o ver o fabuloso premio que lle correpondería, pero hai que joderse.
En poucos días teredes a entrevista co gañador/a, que por certo, está brincando de ledicia desde que lle demos a noticia. Nesta entrevista contarános entre outras cousas que hai que ter para facer debuxos así, sen querer, e qué pensa facer na sua semana de vacacións con 20 botellas de Sollío (a parte de emborracharse).
Teredes novas moi pronto.

Anónimo dijo...

jajajajajajaja ¡Traerá cola o da autoría do debuxo! Tempo ó tempo....

Anónimo dijo...

jesús bendito! que pedazo de premio, por o viaxe nada, pero o par de bicas.... Na próxima edición avisade con tempo para participar, a pesar das miñas pésimas dotes no debuxo. Se hai que votar, voto pola espiral, pero como dixo alguén as duas serán como fillos.
Saudos unha vez pasada a resaca común, pero a emocional....xa é outra cousa.
Oscar.

Anónimo dijo...

A min gústame máis a primeira da espiral.A segunda consideroa demasiado explícita, será cousa da idade.De calquer maneira parabéns ós dous finalistas.

Anónimo dijo...

rabiña, rabiña, rabiade de envexa que o premio está concedido, a entrevista feita e o amompañante elexido. Por certo ¿Óscar=anónimo descuberto para o mundo=esixente de todo tipo de marcas de alcohol para o PL? Si es ti ¿Cómo conseguiches chegar san e salvo o teu destiño se aínda quedabas de louco cando eu me fun????????? ¿Será cousa da miña idade? BIcos.
PD.
O debuxo do boneco gaña tamén porque terá máis aceptación entre os cativos e as mamás (supoñemos) aínda que coas latas de cervexa e de mencía na man... igual o temos que cambiar por unhas de "Mirinda"

Anónimo dijo...

Encarna, a receita para aguantar toda a noite e cumplir cas obrigas o día seguinte, e mellor, que a próxima vez a pidas con antelación e non "a posteriori", de todos modos non o dudes (e xa sabes que cho digo coma cuñada que te quere) OS ANOS SÍ QUE INFLÚEN!E os rapaces esos de Lumeares son de unha "raza especial".

Anónimo dijo...

A botella é de auga, e as latas de Mirinda, polo que a camiseta é para todos os públicos.
E por si queda algunha dúbida, sí que son coma dous fillos para mín, emociònome o velos, e se me fixeran elexir non sería capaz de facelo (sen contar o que me costou parilos). En cuanto o premio para min o mellor e o curso de escalada, que me verá por a Serra do Burgo e a serra de San Mamede choutando "a lo loco".

**NOTA DO AUTOR DO DISEÑO**

Anónimo dijo...

A mín gústame moito máis a da espiral.
Se o autor do deseño me permite, eu poríalle abaixo "Castro Caldelas", non vaia ser que logo veña alguén dicindo que esto se inventou en...

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Os fixos do festival ben che sabemos de donde saiu a idea (lede a entrevista á gañadora e repasade entradas anteriores con fotos dos carteis doutros anos). Respecto a que "alguén" se atreva a dicir que a camiseta foi inventada noutro sitio... bueno, xa vos contaremos, xa vos contaremos. Non sei si ó final porá Castro Caldelas abaixo ou non, é verdade que moitas veces a xente pídeo porque así levaa en plan "recordo de" ós familiares de Madrid, Barcelona, Bilbao... Xuro que esto non é coña. A decisión tomarase de maneira democrática e consensuada, coma sempre.

Anónimo dijo...

Seica lle pasa como aos que lle toca a lotería, que prefire quedar no anonimato. A verdade é que é un premio caralludo, e si as bicas son de froitos secos xa nin che digo...

Anónimo dijo...

Que como cheguei ao meu destiño san e salvo? Mais que nada porque hai boa xente que me levou á casa, xa que dos coches que baixaban non quedaba nin un. que che vou dicir si é certo que dos derradeiros monigotes que alí quedaban dous deles éramos nos. Había que exprimir o viaxe, non si?
Oscar.