martes, 26 de febrero de 2008

SOBRE A ANDAINA POLO BIDUEIRAL DE MONTEDERRAMO




Ruta de pouco máis de 27´5 km. que ten en Montederramo o seu punto de inicio e fin.O seu percorrido permite ó visitante adentrarse no "Bidueiral", fraga de bidueiros (Betula Alba) máis meridional de Europa. O contraste de cores que ofrecen as follas dos bidueiros, o verde e vermello dos acibos, a cor prata dos liquenes, e demáis tonalidades que adquire esta espesa manta de vida, provoca un espectáculo natural que dificilmente encontrará noutros lugares.

Este ano o Concello de Montederramo organiza unha andaina o 19 de Abril, sendo esta unha oportunidade única para coñecer este paraxe que forma parte da Rede Natura 2000.

E solo nos queda decir: ¡VIVA O BIDUEIRAL!

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois tamén me perderei esto! Coas gañas que teño de coñecer o famoso bidueiral. A ver si en xullo me levades.

Anónimo dijo...

Tranquila Manuelita, iremos as veces que queiras, xa sabes que a nos ir o Bidueiral apetécenos sempre,entón no verán a ver si organizamos nós outra subida o Bidueiral para os que quededes descolgados de esta.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Nos temos que ir tocar, a ver si me podo escaquear, porque me apetecía moito participar nesta andaina, a pesar de que o ano pasado fun tres veces ó biduiral. Por certo recomendo calqueira época, pero como é loxico, a máis espectacular é o outono

Anónimo dijo...

Moi boas, estiven un pouco retirada do blog ( as miñas excusas a Manuelita) pero volto con forzas pa dicir :"Viva o bidueiral".
Bicos a tod@s

Anónimo dijo...

Benvida de novo Roseta

Anónimo dijo...

roseta filliña: yo también te ando un poco retirada del mundanal y bloggero ruido, los que escriben son otros (ya sabes, somos como la santísima trinidad: tres personas distintas y un sólo blog/nombre verdadero). Bicos

Anónimo dijo...

moi boas e noraboa a tódolos incondicionais do bidueiral pola seguinte nova: segundo se publica na revista Ribeira Sacra, POR FIN, "A CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE VAI PROCEDER A DERRUBAR O MURO QUE RODEA O BIDUEIRAL, ACOTADO NO SEU DIA COMO ZONA DE CAZA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Con esta obra vaise recuperar un espazo de importante valor medio ambiental, á vez que se dará cumprimento ás demandas dos veciños e dos ecoloxistas que pedimos a recuperación desta zona".
Que vos parece?.Roseta

Anónimo dijo...

Eu pola miña parte estou encantada e xa se tería que haber feito fai moito tempo.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

A min tamén me parece ben, ademáis eso de ir pasear por zonas de caza... non me da moita confianza