lunes, 12 de mayo de 2008

LUMEARES MOVESE. NON QUEDA NADIÑA

Aquí temos o mapa do que será a andaina do sábado por terras de Lumeares.

A ruta consta de 12 kilómetros. Sairemos as dez da mañá dende a Teixeira (Bar Campelo) onde remataremos con unha suculenta comida (xa se me fai a boca augua) de empanada e polbo.

Recoméndase levar algo para comer a media mañá, e ide preparados porque dan choiva e probablemente atoparemos auga nos camiños.En caso de chover moito sería posposta (pola reúma dos andantes máis que nada), pero imos ser optimistas e non pensar en eso.

Os rapaces da organización venderán unhas marabillosas camisetas que estarán a vosa disposición ese día. Mercade unha, polo menos, e preparaivos que LUMEARES MÓVESE.


8 comentarios:

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Se queredes ver o mapa mellor, so tedes que pinchar enriba del pala ver todos os detalles.

alegria dijo...

Que boa pinta ten esa ruta...e polbo e empanada...que envidia, sana pero envidia!
Na páxina do inm non da moi bo tempo, pero acabo de mirar nunha alemana e da mellor, asi que nos quedamos coa alemana non?
pasádeo ben.

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Coño Roseta, menuda afoto te mandaches!!! Pareces a Gilda.

alegria dijo...

eso foi antes do accidente, agora aínda non poido facer eso cos brazos.. pero todo se andará... nunca mellor dito, aínda que non poida estar con vós o sábado lembrareime de tod@s cando vexa caer chuzos de punta jejeje, é broma que vai facer un sol de carallo, xa veredes!

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

roseta estás rompedoraaaaaaaaa.

Héctor dijo...

A andaina non sei si a faremos, ainda que confio que as previsións alemanas non den un pouco de marxe, incluso sería bo que nublase... o que é de todo seguro, é que comer comeremos, e algunha botella de viño a de caer tamén...por aquilo de dormir ben como recomenda Roseta!!

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

O final si que a fixemos. Xa faremos (ou farán) unha entradiña para contar incidencias.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

deseosos estamos los emigrados de saber cómo fue esa maravilla de andaina...