jueves, 8 de mayo de 2008

MANU CHAO EN GALICIA






Manu Chao, sorprende de novo e estará os días 16 y 17 de este mes de maio en Monforte para ofrecer dúas actuaciòns en directo. Os concertos desenrolaranse no campo de fútbol do colexio dos Escolapios, na zona de A Compañía, en pleno centro de Monforte, con un aforo limitado a 1.300 personas para cada un dos pases. O precio da entrada será de 15 euros.O que inda non está moi claro e como conseguir as entradas nin donde. O que si sabemos e que o día dezaséis o pai da criatura, Ramón Chao, ofrecerá unha conferencia na casa da cultura de Monforte xunto con Xurso Souto, o peridista Xosé Manuel Pereiro e Carlos Rouco da ONG de Salvador Allende.

Tentaremos seguir infomando, inda que sendo un concerto de Manu Chao non temos moi claro se poderemos ofrecer a información co tempo suficiente para coller as entradas, por que tanto o cantante coma o consistorio levan a actuación con lago de secretismo. Hay informacións que din que se poden atopar no bar Goya e na tenda de discos da zona Fontecha de Monforte, pero esto non o podemos asegurar.
Tamén se comenta unha posible actuación na cidade de Ourense (21 de Maio no café Xesteira) e en A Coruña (23 de Maio) e na Estrada (24 de Maio), pero eso como dí a canción “son rumores, son rumores…”

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Non te preocupes que se non se collen as entradas, montamos botellón fora do campo e xa nos subiremos aos ombreiros uns dos outros.
Oscar.

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Vale, pero abaixo de todo da columna que se poñan o Toneti por a parte de Lumeares e o CocheLi por a do Castro,máis que nada por seguridade dos que esteamos abaixo.

Anónimo dijo...

Ola, as entradas para Monforte están a venda no CaféTeatro LosGoya e na tenda de discos Madisk. Pero apurade, que parece que se están a vender moi rápido ... O de poñerse uns enriba dos outros está ben, pero éche incómodo. E, ademáis, vaise montar unha carpa ... igual non vedes.

Salú e grelos!

roseta dijo...

Vou pasar de entrar máis no blog porque cada día podes algo novo que me vou perder...Manuelita, me solidarizo con vós!
Menos mal que a Manu Chao xa o vin en Lalín e, sigo quedándome con Mano Negra, pero é só a miña opinión, asi que a pasalo booooooooomba e non perder o equilibrio a ver se ides caer da columna que pa lisiados xa chego eu.
Bicos a tod@s

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Onte tamén foi a estrela invitada do programa "No disparen al pianista" xunto con Amparanoia e Huecco, o sea que se non podemos ir a algún dos directos poderémonos quedar ca actuación de onte na tele, que tampouco é moi habitual que se prodigue polos espacios televisivos.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Eu conseguín un par de entradas para o concerto de Ourense, pero a verdade que no pedaciño de papel non di nada de Manu Chao, só de Radio Bemba. ¿Virá ou non virá?