Andiven exiliada estes días e perdinme un montón de cousas do Castro e arredores: a feira do viño, ós contacontos en San Paio, o Pontelouco, a "non-actuación" dos Airiños en Pedrouzos... Onte cheguei de novo ó pobo, pero atopeime a todo o mundo como de "resaca". Non me contan nada, non me dan datos destes quince días de actividades. En vista de que quizás, como dixo Emitiendo para toda la galaxia, están tratando de recuperarse de tanta troula, metinme nos diferentes blogs do pobo, pero tampouco aí hai moito dato ¿alguén sabe qué pasou estos días por Caldelas? Datos, datos, queremos datos, anécdotas, imaxes...
P. D. José Luis, si me les por aí, faime unha reportaxe agora que supoño que xa es un xornalista titulado!!!!!
6 comentarios:
Teño un amigo en Lumeares que dí: "que se non estás sempre te podes perder algo", e eso, (esto e que penso eu) acaba sendo unha perdida para toda a vida, porque por moito que che conten ou preguntes nunca terás todolos detalles e nunca poderás sentir esa experiencia como túa.E digoche esto cuñada por o ano que faltei eu os Remedios, vamos por propia expariencia.
Non me digas iso, cuñada. Antes de que ti faltases ós Remedios xa o fixera eu alá polo 93 por imperativo paternal despois de suspender todas as asignaturas (e máis) da carreira. Ainda que che pareza raro, para min houbo un antes e un despois, e atopábame rara nas festas do meu pobo. Agora que xa recuperei o meu sitio, intento non perderme nada, pero ás veces é imposible. Por iso penso que si mo contades todo ben contadiño con todo luxo de detalles, será como si non tivese faltado e non me sentirei fora de lugar o ano que ven.Porque podo asegurarche que estou disposta a todo menos a iso...
Encarnita, que sepas que nos lembramos moito de ti; de feito un de Lumeares e unha servidora che adicamos un medio baile-parrafada e comentamos que se che votaba en falta...xa haberá máis ponte loucos, e non te preocupes polos grupos, sabes que ós cuchufellos xa os volves ver para o ano... un biquiño
O Ponte Louco dende este mesmo momento manifestase en contra de todas as bodas e bodorrios do mes de Agosto. Xa non é o primeiro ano que a xente falta por esa manía de casarse.Xa lle pasou anos atrás a panda de Lumeares-Teixeira. Entonces, a partir de ahora, dende este blog berramos ben alto: ¡NON OS BODORRIOS QUE COINCIDAN CO PONTELOUCO!
Por si acaso, o dos Cuchufellos non o anuncies por ahí Roseta, porque non sería verdade. Os grupos do ano que ben xa están casi preparados e non van repetir eles, pero como supondrás de momento non imos dar máis pistas porque hai que manter a intriga.
Pois que saibades que Roge, Teti, Alejandro, Pepa, Tata, Juan Luis e eu estivemos pensando onte que nos poderiamos casar no pontelouco 2009, sería unha gran festa, imaxinade a barra libre, o Alejandro quere oficiar o evento, a tata levar as arras..., en fin, UNHA FESTA!!!!
Polo dos Cuchufellos non me preocupo porque os vou ver esta semana no Rock in Rio e a vos vereivos no meu MONTERRAMO del alma!
Pero que vos ides casr os seis? Moite boda me parece a min que vades facer, ahora si eu desde logo que saibades xa que non me quedo na barra toda a noite, podes os grifos de cervexa e que beban a morro.
Publicar un comentario