viernes, 26 de septiembre de 2008

A fiebre do blog

Este verán houbo no castro un "andazo" de blogs entre os rapaces do Castro. Canto máis fuchico máis atopo. E hai de tódalas clases: moi currados, un pouco abandonados ou os que non pasaron do par de entradas.
Os que eu coñezo son: Ocastroenacción, o do Víctor, o da Patricia (creo que é ela), Gonza (que ainda que non é de aquí métoo porque estivo uns anos vivindo no Castro), do Wasa, Alberto de Camba, Ignacio e Sara e Poline. Se sabedes de algún outro decídeo
Desde aquí darlle ánimos ós blogueiros, manter un blog da traballo, pero hai que seguir adiante. E ós lectores, pedirvos que lle deixedes mensaxes para ter máis alento e que vexan que as cousas que fan lle interesan a xente.

1 comentario:

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

E parece que a cousa pode ir en aumento!!!!