Mostrando entradas con la etiqueta albertodecamba. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta albertodecamba. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de septiembre de 2008

A fiebre do blog

Este verán houbo no castro un "andazo" de blogs entre os rapaces do Castro. Canto máis fuchico máis atopo. E hai de tódalas clases: moi currados, un pouco abandonados ou os que non pasaron do par de entradas.
Os que eu coñezo son: Ocastroenacción, o do Víctor, o da Patricia (creo que é ela), Gonza (que ainda que non é de aquí métoo porque estivo uns anos vivindo no Castro), do Wasa, Alberto de Camba, Ignacio e Sara e Poline. Se sabedes de algún outro decídeo
Desde aquí darlle ánimos ós blogueiros, manter un blog da traballo, pero hai que seguir adiante. E ós lectores, pedirvos que lle deixedes mensaxes para ter máis alento e que vexan que as cousas que fan lle interesan a xente.

jueves, 14 de agosto de 2008

ALBERTO DE CAMBA: NOVO BLOG CALDELAO



Eu xa escoitara rumores de que máis xente do Castro estaba creando a súa bitácora, así que hoxe decín poñerme a investigar e entereime de que Alberto ten a súa. Alberto, ainda que é un rapaz moi xoven (ten 7 anos), xa é vello coñecido noso porque participou no taller literario o verán pasado e creou unha bitácora chamada http://www.albertodecamba.blogspot.com/, nela cóntanos a súas aventuras e viaxes. Visitádea.