jueves, 18 de septiembre de 2008

Sendeiros e Camiños

Esta semana atopamos un libro interesante de sendeirismo por Galicia que leva por título Sendero y Caminos.

O libro recolle 35 rotas circulares de entre 15-20km cada unha. Aínda que en moitos dos casos nos lugares polos que transcorren hai rotas marcadas, describe outras opcións moi detalladamente.

Está dividido en 10 zonas: Baixo Miño, Lebreiro, Courel, ... e San Mamede e Ribeira Sacra, as máis próximas.
No San Mamede describe dúas rotas: a primeira, de 18 km, sae de Gabín cara Fontedoso e chega ata a capela do santo. Parte de esta vai polo camiños polos que fixemos nos a rota. A outra iníciase en Santa Cruz de Queixa, sube á beira do río ata a ferrería, onde se desvía cara o Teixedo, e dende alí volta polo alto das cancelas. De facer parte desta xa tiña idea, aínda que o que eu pensara era facer o camiño todo a beira do Río da Queixa ata a Edreia.

A única rota que fai deste lado do río pola Ribeira Sacra é pola Teixeira e parte do Castro sae de Boazo, pasa por Pigüeiros, dende onde baixa a Santa Tegra, cruza o Río dos Vaos, e tras atravesar ese universo chamado Lumeares (outros din que é un holding) vai ata o Fontao e colle esa pista que vai pola ribeira ata Cristosende, donde sube plas viñas ata Xirás para voltar a Boazo.

Agora xa temos algunha idea máis para seguir co sendeirismo poa zona.

2 comentarios:

Natalia dijo...

Pois haberá que porse a elo de novo, porque levammos un verán algo vago.

Natalia dijo...

Por certo, haberá que mirar de facer este ano outra andaina popular coma o ano pasado non?