martes, 2 de diciembre de 2008

Comenza o Ponte louco 09


Estes días imos comezar os contactos para o Ponte Louco 09, prometemos algunha que outra sorpresa, e estirarnos un pouco... pero de momento non conto máis, que logo todo se sabe.

8 comentarios:

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Vamos intentar mellorar este ano e que sexa moito máis e mellor, pero....de momento hai que esperar un pouquiño para contar máis.

Anónimo dijo...

dende as dez da mañá ata agora xa pasou un pouquiño. Conta conta...
Oscar.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

De momento o único pechado son os magos... ¿Cal é o voso nome artítico?, Bueno e os malabares que vira o Celso (o que ven sempre).

Do resto: que Cristina-Ico-Samuelito-Abrahan-Jaime é moi probable que veñan; e que tamén pensamos en Edi e Pepe... jajajá

Non te impacientes

Anónimo dijo...

Tamen seguimos buscando colaboradores de todo tipo,xente q se molle polo PL,q quera botar unha man xa q ai moito traballo por diante ,e tamen aceptamos ideas para mellorar ,para conseguir pasta para a financiacion do festi,para as camisetas,para o cartel.....e como non tamen escoitamos criticas CONSTRUCTIVAS ;apertas a todos (alex pais)

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Eso,eso o nome "artrítico" como é?porque teremos que anunciarvos en condicións non?
Vai haber novedades,moitas novedades e moita festa...
Pero de momento non se pode destapar o pastel porque si non, non entrades no blog e pasades o día "feisbukeando" por ahí.
E como dí o Pais todas as ideas serán benvidas. E por certo xa aproveito para agradecer as primeiras colaboracións de este ano, que veñen da Ribeira: Julio ca foto para o cartel e os magos de Lumeares que van facer desaparecer o castelo.(Pero sinto decirche Oscar que este ano tampouco haberá White Label, porque xa é tradición e non podemos ir en contra das tradicións)

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Eu espero axudar este ano. De momento xa estou camelando o vocalista de El desván del duende... fora coñas, estou tratando con il por outros asuntos, pero preguntareille caché. Además voulle regalar unha camiseta para que nos faga propaganda. QUÉ EMOCIÓN, O PONTELOUCO OUTRA VEZ

Julio dijo...

Eu creo que se traedes un grupo cun estilo diferente, sería a BOOOMBA!
Un grupo Rock-Alternativo, por exemplo, e que non teña nada que ver co folk, conseguiriamos diferenciar un pouquiño a noite de festival.
Vamos, é a miña opinión xa que me parece que os grupos son moi parecidos musicalmente.
Acepto críticas...
SAUDOS!

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Pero o problema e que ahora xa temos unha liña de grupos, un tipo de música e a xente que ven xa sabe máis ou menos o que vai encontrar polo que o cambio de estilo inda que non ten porque sair mal, danos un pouco de medo, de todos modos, cada vez estamos saindo máis do tema folk. Pero bueno como inda estamos a mirar os grupos, todo pode ser... de feito xa nos imos a achegar a ritmos máis propios da nosa idade e imos este ano a darlle a PACHANGA!!
E por certo, para que non haxa dúbidas Os Cuchufellos este ano non veñen.