domingo, 17 de mayo de 2009

Andaina de Lumeares: Reportaxe fotográfico


















Unha imaxe vale máis que mil palabras. Así que pouco máis contar, simplemente darlle as gracias e a noraboa aos organizadores

jueves, 14 de mayo de 2009

Antonio Vega (Lucha De Gigantes)

Esto vai para o anónimo que comentou na anterior entrada e para todos os admiradores de Antonio Vega

martes, 12 de mayo de 2009

Deixanos Antonio vega

As palabras sobran, disfrutemos mellor da súa música.

Andaina de Lumeares

Este sábado, 16 de maio, a asociación de Veciños "Lumeares comomires" organiza a 2ª edición da Andaina por Lumeares. O percorrido é semellante ó do ano anterior: saída dende a Teixeira, paso pola Cruz (visita o cruceiro), pena do Corvo (donde hai esa vista da desembocadura do Caldelas no Sil) e dende ahí baixase por un sendeiro pola marxe do Caldelas, cruzándoo en dirección Abeleda. Aquí collemos un sendeiro moi bonito sendeiro ata o Mosteiro de S Paio,
e posteiormente pasaremos por Sta Tegra, baixando ata o Río dos Vaos onde veremos o Cachón. Esta é a parte dura da rota, a súbida pola Carosa, practicamente igual ao ano pasado.

Ó remate haberá unha comida. A inscrición custa 5 €.
Para inscribirse hai que chamar ós teléfonos 689 433 425 ou 678 856 183.

lunes, 11 de mayo de 2009

PONTE LOUCO POR O MUNDO ADIANTE: LAURA EN FRANCIA


Aqui temos a última amiga do Ponte Louco que se acordou de nos estando lonxe do Castro, en Francia no Puy du fou, que según ela mesma nos contou é un parque temático que hai por esos lares e que é moi grande.
Por certo como podedes ver na foto, e adiantándose a tendencia de este verán, leva o modelo de este ano da camiseta, así que xa sabedes as próximas fotos ca camiseta nova.

martes, 5 de mayo de 2009

III Rallye de Castro Caldelas - Memorial Suso Seoane




Esta fin de semana celébrase a terceira edición do Rali de clásicos de Castro Caldelas, puntuable para o recentemente creado Trofeo "Mangallo Classic Team", a que se podería considerar da súa consolidación; como mostra o número de inscritos, que iste ano subiu ata 85 coches, contando por primeira vez coa incorporación de motos.


O programa podédelo ver na web de MANGALLO, pero como resumo pódese dicir que os coches chegarán o sábado as 10am, e irán pasando polo Castelo para verificar. Máis tarde aparcarán o carón do centro de saude. A saida irana tomando dende a praza do prado, igual que o ano pasado, dende as 12 en punto.
O primeiro bucle será pola zona da ribeira, con zonas tan espectaculares coma as curvas de Cristosende (12:15) o a subida dende Alais (14:30). Logo baixarán á Abeleda, onde xantarán, e dende onde irán a Sober para volver por onde volverán pasar sobre as 18:00 en dirección Queixa, para pasar por Montederramo e rematar en Ourense.
Simplemente darlle a noraboa á organización, e ánimos para próximas edicións

Fotos da entrega de premios





















martes, 28 de abril de 2009

ENTREGA DE PREMIOS DO I CONCURSO CONTO CALDELAS.


O vindeiro día 2 de maio, sábado, as 18:00h celebrarase a entrega de premios do I concurso de relato curto Conto Caldelas. Hai que recordarlle os participantes, que todos recibirán un agasallo, e ademais serán invitados a un "piscolabis".
Non faltedes....

jueves, 23 de abril de 2009

DIA DO LIBRO.


Hoxe celébrase o Dia Internacional do Libro.

A data do 23 de abril foi elexida porque nese dia de 1616 morría Miguel de Cervantes Saavedra, autor do Quijote.

Aquí vos deixamos un par de citas sobre os libros, ainda que todo o que poidamos dicir sobre os seus "beneficios" é pouco...

“De los diversos instrumentos inventados por el hombre, el más asombroso es el libro; todos los demás son extensiones de su cuerpo… Sólo el libro es una extensión de la imaginación y la memoria”. Jorge Luis Borges.


“Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora”. Proverbio Indú.

Posted by Picasa

martes, 21 de abril de 2009

A SEGUIDORA MAIS NOVA DO PONTELOUCO



E aquí temos a presentación na sociedade do Ponte Louco de Iria, a nosa máis nova seguidora.
Esto sí que é para poñerse louco!!!. Noraboa Almudena e Fer, e Iria esperámoste nesta edición do Ponte Louco.