martes, 25 de noviembre de 2008
lunes, 24 de noviembre de 2008
VAUMM ARQUITECTURA Y URBANISMO FINALISTAS DEL CONCURSO DE TABAKALERA
Por si no os habías enterado os informo de que VAUMM, el estudio de arquitectura del que forma parte uno de nuestros mejores vendedores de camisetas, Tomás Valenciano, ha quedado finalista del concurso para la renovación de TABAKALERA . Teremos que facer queimadas e invocar ás meigas (que el cree moito neso, sobre todo na queimada) para que teñas sorte. Déixovos aquí unha copia do que aparece no seu blog.
El Jurado del Concurso Internacional para la renovación arquitectónica de Tabakalera ha elegido las nueve propuestas que optarán a los distintos premios, accésits y menciones previstos en la convocatoria. Cuatro de los trabajos seleccionados proceden de Barcelona y el resto, de Donostia, Gran Canaria, Berlín, Madrid y Londres. Los tres equipos finalistas que optan a los tres premios de este Concurso son los siguientes: SOB Arquitectos, de Barcelona, VAUMM Arquitectura y Urbanismo, de Donostia, y Juan Manuel Montero Madariaga y Naiara Montero Viar, de Barcelona.prensa [noticias de gipuzkoa _ diariovasco1 _ diariovasco2 _ el pais _ berria _ hitza ]
Etiquetas:
arquitectura,
Tomás Valenciano,
Vaumm
PASEOS DE OUTONO
Este fin de semana salimos de andaina para ver as cores do outono. Tivemos que loitar contra os medios (quedamos sin coche, esquecimos a cámara de fotos), pero ó final saímos.A idea era ir ó Val do Ambroz para ver os castiñeiros por aquelo da morriña. Alá fomos e andivemos, pero logo tivemos a fantástica idea de cruzar deste val ó seguite, o do Jerte, polo porto de Honduras para ver cómo andaban as cerdeiras.

ESPECTACULAR E PRECIOSÍSIMO son os calificativos menos hiperbólicos que se me ocorren. Sinto que as fotos que vos poño sexan roubadas de internet, pero con elas podédesvos facer unha idea do que vimos. A partir de agora teñoo moi claro, o Jerte nin en flor, nin con cereixas, nin nada, CON MOITÍSIMA DIFERENCIA: VISITADEO EN OUTONO!!!!!
Etiquetas:
Ambroz,
Cerdeiras,
Jerte,
Outono,
rotas de sendeirismo
domingo, 23 de noviembre de 2008
Sesión de curtas no Centro Comarcal

Reproduzo casi-literalmente o mail que nos mandou a Dori a semana pasada, do que non nos enteramos ata onte domingo, pero como o sábado que ven volve a haber sesión:
De momento haberá 2 sesións de curtas este sábado 22 e o 29 sempre ás 18:00 h na sala de cursos do Centro Comarcal.
A idea é que empezamos este mes de Novembro cunha sesión cada sábado. En Decembro tocaranos pechar os sábados pola tarde e os domingos (as tres primeiras semanas), ásí que só imos programar no Nadal CINEMAS INFANTÍS (tamén curtas pero de animación: 2D, 3D, plastilina). Xa vos enviarei as datas e as pelis de cada día, en canto mas confirmen. E a partir de Xaneiro volvemos a empezar todos os sábados cos diferentes ciclos disponibles. A oferta é enorme e pódese consultar na páxina da Axencia Audiovisual Galega. Gustaríanos que a xente fixese as súas propias suxerencias e peticións para que solicitemos o mais atinado posible. Nos para empezar poñemos o día 22/11 GARGALLADAS E OUTRAS PATOLOXÍAS 1 (Curtas) e o 29/11 GARGALLADAS E OUTRAS PATOLOXÍAS 2 (Curtas)
sábado, 22 de noviembre de 2008
AS PATACAS
Todos os anos esperamos con ansiedade certas datas: Ponte Louco, Fachós, Remedios, festas variadas dos arredores, Magosto, Outono, Womad... Dende fai cinco anos eu espero con moita "nerviosidade" AS PATACAS.
En novembro celébrase en Cáceres un mercado medieval. A zona vella e a xudería énchense de postos, de animáis, de xoglares...
É moi difícil non sucumbir a tentación de mercar algo. Eu contrólome con casi todo pero ó chegar o posto das PATACAS ASADAS... transfórmome como o increíble HUlk e engullo que da gusto.
Na foyo é imposible apreciar este manxar, pero si queredes o ano que ven, no magosto, probamos a asar algunha.
Etiquetas:
Cáceres,
Mercado medieval,
Patacas
viernes, 21 de noviembre de 2008
Feirbú Caldelas
Imaxino que a estas alturas poucos serán os que non saiban o que é o feirbú, pero por se acaso deixo esta definición da Galipedia.Pois aí andamos creando un grupo de caldelaos, que empezou Lucía, e por se se quere unir alguén.
NON PREOCUPARSE
martes, 18 de noviembre de 2008
Rota do Canón do río Mao 1
A rota foi recentemente sinalizada polo concello de Parada e recorre 6-7 km entre forcas e San Lourenzo. O primeiro tramo a par da estrada e da anle nova non é nada espectacular, esceptuando a ponte dos onceiños. Posteriormente baixa ata antiga canle da central de Regueiro é aí onde comeza o espectacular: o canón do Mao, as fragas d castiñeiros,as vistas da ribeira, ... e para rematar unha baixada por un camiño moi bonito que nos leva ata San Lourenzo, facendo unha parada nas tumbas antropomorfas.
A rota está acompañada duns paneis interpretativos que nos explican certas cousas relacionadas: a contrución da pote, o canón, as tumbas, ... e ademais hai un folleto moi ben feito.
Como a rota é lineal hai que buscar xeito de solucionar o problema. Nós deixamos ns coche no final e logo fomos nutro ao comenzo.
Etiquetas:
Canón do Mao,
Parada de Sil,
rotas de sendeirismo,
Sendeirismo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













