miércoles, 21 de noviembre de 2007

AS CORES DO OUTONO 1: RUTAS POR CALDELAS

Por fin teño algunha foto das excursións que fixemos na ponte de novembro, máis vale tarde ca nunca, así que vou tentar lembrala para facervos a boca auga e que vos animedes a facela.



A ruta empeza no Castro, en concreto na Pena. Desde alí baixamos por uns camiños ata a Tapada e dende ahí á estrada de Monforte ata a curva do rosario. Da curva do rosario sae un camiño á man esquerda que nos leva entre fermosos castaños ata Poboeiros. Este primeiro camiño é alucinante, nel todo se tiñe de dourado, ocre, amarelo. O sol cólase entre as follas das árbores proporcionando uns efectos de luces indescriptibles. O camiño está cheo de castañas e, agora que choveu un pouco, igual tamén hai cogumelos.



Dende Poboeiros hai unha boa vista do Castro e dos arredores, merece a pena deterse para recrearse nela. Ó fondo do pobo atópase a casa rectoral. Unha preciosidade que eu non tiña o gusto de coñecer. É unha mágoa non ter cartos par poder comprala e restaurala...


Á dereita da citada casa sae un camiño que, a través dun segundo fermoso bosque, nos leva ata Santa Tegra; en concreto ata a casa de turismo rural "O lugar do souto". De novo os xogos de luces e cores transpórtannos a un lugar máxico, a unha especie de bosque animado. O lugar do souto está agora tamén moi fermoso, ainda que Ainhoa quéixase de que non lle volverá dar o sol á casa ata o dia de San Sebastián.

Dende Santa tegra temos que dirixirnos ás ruinas de San Paio. As ruinas en abstracto resultan moi románticas, pero cando as ruinas están ó lado da casa permitindo que se perda unha xoia arquitectónica... entón o sentimento é de mágoa e impotencia.
Se rodeamos o mosteiro pola parte do cemiterio entramos nun camiño que transcurre nunha primeira fase entre viñas. Sinto non ter nin a sensibilidade nin o vocabulario suficiente como para describir o que alí poden atopar os vosos ollos en outono: os dourados cambian de tonalidade e vóltanse bermellos, granates; pero os verdes resístense a desaparecer. Cando o sol da nas follas das vides a sua luz multiplícase e reflíctese en miles de cores diferentes, a luminosidade case fai dano nos ollos. Cando ainda non conseguimos recuperarnos de tanta beleza, o noso camiño lévanos de novo a un bosque, aun pequeno bosque situado á beira do rio. Aquí predomina a frondosidade e o verde, os musgos e líquenes. Encántanme as paisaxes de rio, coa súa humidade, cos seus penedos, coas súas augas mansas; semella que nos estamos metendo nos versos de Sannazaro. ¡Canta beleza!
Xusto ó chegar ó rio podemos ver unha ponte pola que cruzaremos á outra beira dende a que podemos contemplar as ruinas (outra vez as ruinas) dun muiño.
Estamos no reino da penumbra, do marmurio do rio, da humidade, do verde.
De súpeto, sen aviso previo, os noso pasos condúcennos de novo á luminositade das viñas da Abeleda que vedes na foto.
CANTA FERMOSURA XUNTA.
Espero que as fotos e a escasa información que vos dou sexa suficiente para que vos animedes a facer a ruta, merece a pena. Se necesitades información máis precisa podédela atopar no Centro Comarcal Terras de Caldelas.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

E unha pena que moitas veces o que temos máis cerca é o que menos coñecemos, e como ben dís, ésta é unha ruta que merece moito a pena facer, e con apenas dificultade. polo que é apta para case todo o mundo. Animádevos porque a min realmente gustoume moitísimo.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Dígoche eu que tes moita razón, Natalia. A min pásame algunhas veces eso de alucinar coa fermosura das cousas lonxe do Castro e de Galicia e dispois, cando vou ahí, digo: parece mentira, si son dun dos pobos máis fermosos do mundo... dunha das comarcas máis alucinantes (é non estou usando a tendencia familiar ás esaxeracións). O meu abraio non se limita só o Castro se non a todos os concellos que nos rodean. Ay, agora só se me ocurre recitar aquelo de: "Airiños, airiños, aires,/ airiños da miña terra/ airiños, airiños, aires,/airiños levaime a ela!
Moitos bicos

Anónimo dijo...

Me gustan los colores del otoño. Este año llevamos unas cuantas salidas: Valle del Ambroz (Cáceres), Peñalara (Madrid), La Pedriza (Madrid), ... Pero estos "as cores do outono" no tienen parangón.
Los colores de esta ruta, y en general, los de esta comarca son incomparables. En cualquier época del año, pero especialmente en otoño.
Tenemos que mantener viva esta ruta y otras más. En mi persona tenéis un divulgador entusiasta.
Saludos.

Anónimo dijo...

Roge, te vamos a tener que dar un carnet de "habitante honorífico da Terra de Caldelas".

A de Monterramo.(como dís tú)

Anónimo dijo...

Unha vez chegados a Santa Tegra podemos coller deica San Paio ou ben facelo pola Carreira do Romeu deica a Ponte (Lumeares). seguindo polos muiños e subindo polo camiño deica a Ponte do río do Porto, logo collemos a estrada de novo hasta Santa Tegra. Qué tal?

Anónimo dijo...

Poi haberá que probar logo ese fin de ruta, a ver qué pasa.

Anónimo dijo...

Ola, se podería ir dende a ponte ata as fervenzas do cachón, pero iso mellor cando axa máis auga, porque estes días non impresionan tanto.

Saúdos