Aí atras puxemos dúas entras sobre ambos viaxes de dous "pontelouqueiros" a Paris. A idea era ter unhas fotos de xente coa camiseta do PL. E claro aquí está o "pontelouqueiro" máis internacional que temos: o Lois, que agora anda por Vietnam. Na primeira foto está no Templo do Emperador Hue.
E como viaxan pouco, nesta última foto podedes ver unha das súas grandes afecións: viaxar, aquí estaban en Laos.
Por certo, non sei se vos destes conta, pero aquí a dereita hai un lugar no que pon Lois e Sabela, que son el e a súa moza, na que nos contan as súas viaxes xuntos por unha chea de países.
3 comentarios:
A verdade é que cando se nos ocurriu a idea sabiamos que o Lois ía gañar por goleada, pero bueno, jotapuntoelepunto e eu mantivemos a ilusión de ser os primeiros en publicar as nosas reportaxes. Está claro que ó lado do Lois e da sabela ninguén ten nada que facer. Eu tamén vos recomendo que entredes na súa páxina, entre outras moitas cousas poderedes ver ós colegas que os visitan (algún coñecido hai)
Por certo se alguén quere ter a súa propia entrada no blog (entrada personalizada), mandade unha foto o mail do Ponte Louco con algunha das camisetas de calquera dos anos. Publicaremos todo (sin censura)
Estaba claro que ía gañar o Lois, pero é que vos puxéstellelo moi fai con esas fotos. Pero bueno superar a un do Castro que naceu en Paris e viviu en Londes, Arusha (Tanzania) e Hanoi, e ademais ten coma maior afección viaxar é complicado.
Publicar un comentario