martes, 11 de marzo de 2008

Andaina por Caldelas III


Recordarvos que o venres 21 deste mas de marzo realizaremos unha andaina. Como xa dixemos en anteriores ocasións o recorrido parte do Castro polo Toural en dirección a Camba. De alí baixamos ata a Fonte de Piñeira, para o que teremos que cruzar o Río Caldelas. Logo subiremos ata o pobo abandonado de Piñeira e posteriormente ó Burgo.
O seguinte camiño será parte da Vía Nova, que nos levará ata Vilamaior, onde torceremos en dirección Casares, e pasaremos o lado duns petroglifos. Continuaremos por Casasoá, e outro pobo abandonado: Basteiros. Logo baixaremos ó Río, que seguiremos durante un bo treito, pasaremos pola Área recreativa do Ponte das Táboas, e Chagaremos ata o Muíño da Ponte, onde comezaremos a subida ó Castro para chegar polos canellos.



Recomendacións:
Levar calzado impermeable e cómodo, e roupa axeitada.
Levar comida e bebida para o recorrido.
Avisar á organización da túa paticipación. Pódelo facer no mail cctcaldelas@comarcasdegalicia.com ou por telefono no 988 204630.


A distancia son aproximadamente 15,6 Km. de un nivel medio-baixo.
Seguiremos informando

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa estou apuntada para a andaina; a ver se estou á altura porque na última deume unha "pájara" que case non a conto!!!!!Claro que sólo a unha servidora, Hugo Ball, JL Osorio e á de Montederramo se nos ocurre tomar o vermú na metade da ruta, cun sol de xustiza que se caían os paxaros...que mal momento chico!

Anónimo dijo...

Eu inda me acordo dese día e da cara de "novia cadaver de Tim Burton" que se che quedou. Pero é unha pena porque nesta, non temos onde parar a tomar o vermú. Podelo traer posto da casa.

Anónimo dijo...

E que non chova...

Anónimo dijo...

oh cielos!!!!!!!!!!!!!! Y yo me lo voy a perder. Creo que igual güelvo a casa para el puente de mayo ¿habrá algo para entonces?