martes, 6 de mayo de 2008

UNHA MARABILLA: O TEIXEDAL DE CASAIO





Este fin de semana fixemos a Ruta do Teixedal de Casaio. Unha ruta, que nos prometiamos moi felices, pero que resultou un rompepernas e que nos levou unhas sete horas e media o percorrela, pero bueno o Teixedal vale todos esos esforzos e algún máis,de todas maneiras aconsello a todo o mundo que teña en mente facela algunha vez que tente ir nun todoterreo, porque si non a ruta faise algo larguiña.
Aquí describimos como chegar é cómo é a ruta, por si alguén se anima.

Para chegar dende o Barco hai que coller a N-536 ata Carballeda de Valdeorras, alí temos que desviarnos a man dereita no cruce de Casaio. Xusto antes de chegar a Casaio hai que desviarse a man esquerda en dirección Trevinca OU-122, e un par de quilometros máis adiante teremos que desviarnos a dereita a altura dunhas canteiras e da Hermida de San Xil (unha pequena construcción branca ao lado dun campo de fútbol). Teremos que pasar polo medio dunha canteira, e dende aquí a sinalización é moi boa, exceptuando as distancias, se vamos en coche é recomendable tirar todo o que se poda con el. Un pouco máis adiante teremos que coller un desvío a man dereita antes de saír da canteira, pasaremos xusto por debaixo das minas de Wolfran dos alemáns. Subindo pola metade da ladeira colleremos outro desvío a man esquerda, nesta subida hai que superar un desnivel de un 400m de altitude. Do outro hai que coller outro desvío tamén á esquerda. O camiño continúa un pouco máis ata unha mina de ferro, onde hai que deixar o coche se ven en todoterreo, e xusto por riba da boca desta mina sae un camiño de tránsito pouco sinxelo, e en media hora estaremos no teixedal.

O teixedal
O teixedal de Casaio é unha das xoias que existen na natureza galega, a súa singularidade é albergar máis de catrocentos pés desta de Teixos, unha das árbores máis difíciles de ver no noso territorio. Concentracións desta árbore hai poucas comparables en Europa. Nel ademais podemos atopar gran cantidade de acevos, rebolos, ou serval dos cabaleiros.

Ademias hai que dicir que nel ainda se poden atopar restos dos refuxios dos maquis que na posguerra converteron esta zona no maior foco de resistencia antifranquista de todo o estado.

O teixo
O teixo (Taxus baccata) é unha conífera da familia das Taxaceas, que correntemente alcanza entre 12 a 15 metros de altura, e normalmente situadas en cotas altas. Moi lonxevo, de medra lenta, posúe unha madeira que se presta ben para entallado. Ten partes tóxicas: a semente do seu froito, non así a baia que a rodea, de aí que algúns animais a coman, e convértanse no maior perigo, xunto co home, para a súa reproducción.

O teixo é unha arbore de moita simboloxía na cultura celta, esto podémolo comprobar na toponímia (Teixeira, Teixido, ...), na abundancia destas arbores o pé das igrexias ou mesmo na lenda que narra como os habitantes do Medulio ó seren asediados polos romanos tomaron baias de Teixo para morrer, opción que preferiron á de renderse.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

O enlace á web de gran purismo(pardeconde) non funciona. Revisadeo

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

O de Gran Purismo xa está corrixido.

Da rota dicir que se nos fixo aldo dura, e menos mal que o día non foi escesivamente caluroso.

O Teixedal é un sitio impresionante, e creo que todos nos quedamos con gañas de volver en todoterreo, que coa media hora de pateada do final chega.

E aos da Teixeira (concello) a ver cando fan honra ó nome e plantan un teixo no lugar.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Por certo chegou este mail, por se alguén despois da rota de Lumeares queda con mono:

O vindeiro domingo 18 de maio, Amigos da Terra dentro do Programa "Maio Xove" da Casa da Xuventude de Ourense, organiza unha andaina polo Bidueiral de Montederramo na Serra de San Mamede.

Camiñaremos pola Serra de San Mamede coñecendo varios ecosistemas de montaña observando bosques autóctonos e de ribeira, e tamén diferentes problemáticas ambientais coma o efecto dos incendios, a proliferación de pistas, etc.

Pola tarde percorreremos o Bidueiral de Montederramo, no que as cores brancas das cortizas dos bidueiros acompañaranos durante nosa andaina.
Este bosque está catalogado coma LIC lugar de importancia comunitaria dentro da Rede Natura 2000 e é considerado coma o bidueiral mais importante localizado ao sur de Europa e un dos bosques autóctonos mellor conservado da provincia de Ourense.

PROGRAMA:

Domingo 18

10:00 h. Saída en autobus do Parque de San Lázaro de Ourense.

11:00 h. As Corcerizas - Bidueiral de Montederramo

14:00 h. Xantar no Bidueiral

15:30 h. Bidueiral - Fontedoso (Montederramo)

18:00 h. Volta en autobús dende Fontedoso cara Ourense

Dificultade: media-baixa.

Consellos: calzado cómodo, roupa de abrigo, protección solar,
impermeable por se chove, comida e bebida para a andaina .

Inscricións ata as 14:00 horas do venres 16 de maio nos teléfonos 988374318 (Amigos da Terra)e 988228500 (Casa da Xuventude).

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

estoy impresionada con vuestra capacidad, cualquiera os sigue el ritmo!!!!!!!!!!!!
Me hace gracia ver la cara de Alfonso, tan tranquilo, con su pitillito y todo y la de agobiada que tiene la chica que está al lado de Dori, jejeje. Yo creo que no hubiese tenido aguante.

Javier Diéguez López dijo...

Parece moi interesante esta rota. Pero pódelo moi dificil, abra que ir preparados.
Grazas por descubrir lugares coma iste, e sobre todo por indicar como se chega.
Terei que apuntala na miña axenda.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

joooooooo! que envidia, o teixedal debe ser unha xoia...o forestal dice que o sobrevoou cando estaba na brigada do helicóptero e que é impresionante;
tamén me vou perder a do bidueiral que tén moi boa pinta, se alguén aínda non o coñece, que se anime, que merece moito a pena e, sobretodo, que non esqueza a protección solar, verdade Juan Luis e Natalia?

Natalia dijo...

A cor cereixa que collín na ruta do teixedal, xa mudou para un negro chamizo o longo de estos tres días. Pero e que a ruta é para queimarse queiras ou non porque non sei si sabedes que no alto da serra o sol está máis preto de un, e eso nótase.

Natalia dijo...

Os da Teixeira non plantan teixos, sonche máis de pinos exóticos.