jueves, 17 de julio de 2008

Algo se move na Ribeira: O Portelazo, Festas da Luz e Lumeares

A verbena está en crise e son poucas as festas dos pobos (as mellores) que resisten co modelo tradicional (Alais e pouco máis). Pois na ribeira veñen aires novos, xa que hai algúas festas que están a tirar por novos camiños.
Explicar que é o portelazo é un pouco difícil, de momento ide vendo que ben o pasa a xente...

Vamos intentalo: é unha festa que se celebra o 16 de agosto na Portela, parroquia de Sta Marta do Fontao (a Teixeira), na que en vez de levar unha orquestra a facer play-back levan un tío a pinchar de todo (dende Manolo Escobar, Spice-girls, ...), e algo de música en vivo, como se pode ver...
Este ano a música ao vivo poñena uns tales Airiños de Caldelas, pero volvendo o concepto Portelazo, avisarvos de que é unha festa que engancha, porque nós fumos por primaira vez o ano pasado e non penso faltar nuns cuantos anos, e eso que é o 16 de agosto que hai de todo, en todos os lados.

Eso sí coidado, que é unha festa moi perigosa...

As festas da luz foron, non hai tanto, das máis importantes da zona, e tras uns anos de agonía, a comisión decidiu dar un novo aire o ano pasado, organizando un concerto para o sábado, como podedes ver o ano pasado recuperou parte do explendor que tivo...

Para este ano, o 9 de agosto, veñen os Airiños (que deben ser moi coñecidos na zona), e Ultraqans, un grupo de speed-folc de xente mítica do panorama musical galego que formaron parte de grupos coma: Papaqueixos, ALberto Bundi e Turma Angologalega, Banda Potenkim, Os tres Trebóns, ...



Para non falar so de festas nas que actuamos os airiños (e que non digades que fago auto-bombo, nunca mellor dito), teño que decir que en Lumeares tamén renovan aires e o 8 hai algo de xaleo, a ver si algún lugareño nos pode informar algo máis.

10 comentarios:

Natalia dijo...

Eu o ano pasado paseino de maravilla en Santa Tecla e na Portela, así que haberá que repetir, e eso que a min coincideme algo mal o Portelazo, pero bueno, xa arreglaremos, igual aproveito a hora da cena para achegarme a Portela e logo remato en Montederramo. De todos modos a festa do Portelazo recoméndolla a todo o mundo mundial.

Javier Diéguez López dijo...

Haber si esta Ribeira explota de tanta festa. Que siga así moitos anos mais. Este ano corrense rumores de que na Abeleda o 14 eo 15, tamén abrá festa.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Yuhu, por fin algo que no me pierdo: estarei ó Portelazo, á Luz e a Lumeares, menos mal!

Anónimo dijo...

Moi boas. Espero mandarvos o cartel das festas o antes posible, pero do que se pode adiantar, a parte da orquesta típica e tópica a partir das duas da mañá haberá concerto de rock a cargo de Momentos de Duda (o nome venlle ao pelo xa que ata eu teño dúbidas de que se chame así). E pola tarde parece que haberá para os pequenos e posiblemente non tan pequenos un pequeno (valia toda a rebuznancia) espectáculo de maxia a cargo de xente do propio pobo. Como diría un, " estamos trabajando en ello". Póñede vos ese acento entre americano e mexicano.
Oscar.

Natalia dijo...

Pero eso cando é nas festas da Abeleda ou no Portelazo? E que con tanta festa non hai que se aclare. E se vades facer vos maxia avisade con tempo, por favor, para ir a velo, porque eu teño visto como facedes desaparecer as copas na oficina (O rubio) pero supoño que estarás a falar de algo máis espectacular non si?

Anónimo dijo...

O Portelazo como foi unha invención feita fai unhos anos, iste ano coincide coa festa da Abeleda si a houbera. Empezaron aló polo 24 de Agosto, chamándolle San Bartolomeu, e xa van polo 16. Os de Lumeares xa casi a meten coa Festa da Luz; é unha mágoa, pero que se lle vai facer, algun ano xa fixeron coincidir as festas da Teixeira coas da Festa da Luz, máis foi sólo un ano. Repito unha pena.

Anónimo dijo...

Ola!
Bueno, a verdade non teño moi claro se a anterior entrada vai en serio ou é cousa dalgún do blog que lle quere dar emoción. Se é o segundo(que me cheira a eso), xa que estou sigo coa coña. E se en verdade é unha queixa pois a coña deixa de selo para ser unha explicación.
Os de Lumeares xa casi a meten coas festas da luz. Que nadie se preocupe que o dia está escollido precisamente para non meterse con nadie.
Do Portelazo xa non sei como se escolle, pero pedirlles que estiveran ou estivesen pendientes de se houbera ou houbese festa...
Oscar.

Natalia dijo...

Pareceme unha queixa de verdade Oscar.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

A queixa nada ten que ver con nós. E sen defender a ninguén, explicar que todas estas "novas festas", como é o caso do Ponte Louco, que se celebran es agosto témolo un pouco difícil xa que o mes está un pouco apretado, e nesa ponte (a do 15) tamén está Montederramo, Monforte, Boazo,... Así que nos intentamos que non coíncida con nada naza zona (para non perxudicar, nin perxudicarnos), pero a cousa non é sinxela, por iso aquí poñemos un almanaque, pero agosto é imposible.

Natalia dijo...

Ademáis o importante e que haxa festas, e que a zona teña movemento, que claro que algunhas coincidirán pero os días son poucos e as festas moitas, entonces o que nos queda e tentar repartirnos o máis posible. E ogallá que se sigan inventando festas novas.