Dende este humilde blog, aproveitamos a ocasión para darlle folgos a uns amigos (Oscar e Raúl)que están a preparar unha función increíble, espectacular, vamos, o nunca visto en Lumeares.
Esperemos que teñan cabeciña e non fagan desaparecer o cruceiro ou algo así.
Dende aquí rapaces que saibades que ¡ESTAMOS CON VOS!. Ahora eso sí, nin se vos ocurra a xenial idea esa que se lle ocurre a todos os magos de pedir voluntarios...
4 comentarios:
Eu propóñolle un reto para o Ponte Louco: Converter a auga en White Label, senón sempre che queda a opción do sen
Vexo que xa se adiantaron na explicación que ia dar agora. Pois si, mais ou menos neso andamos. Digo mais ou menos porque as expectativas xeradas na entrada do blog...como que nos veñen algo grandes. Do resto, pois de momento temos todo pensado nun boceto mental e teremos unha semana para ver como lle podemos dar forma. Do primeiro que te enteras ao botar un ollo neste mundiño é que os nenos son o público mais dificil por varias razóns, así que temos algo de tarea. Eu confio mais nel porque él sabe mais desto e ademais ao ser profesor de ESO digo eu que saberá mellor como levar aos rapaces. E visto que pode haber mais dun adulto interesado pois... non sei se teremos que facer plan A e plan B. De todos xeitos xa vos garanto que non sabemos facer desaparecer cousas como cruceiros sen pasar despois por comisaria. así que o que asista, que asista coa vontade de ser sorprendido inocentemente e non coa que teñen algúns de que parece que lle vai a vida en descifrar absolutamente todo.
E agora sen mais botade polvos máxicos e desaparezo.
Oscar.
Pois que teñades moita, moítisima sorte e xa veredes coma os rapaces vos agradecen o esforzo, porque inda que son un público difícil para algunhas cousas tamén son moi agradecidos (incluso máis que moitos maiores).E nada máis, tede coidado cas varitas e cos polvos (máxicos, claro está).
bueno, si se necesitan voluntarios eu non teño ningún problema tendo en conta que xa o ano pasado un mago me tentou cortar a man e sigo aquí sin ser a manca de caldelas. Eu sei un truquiño pequeniño que os nenos lles gusta moito e non teño ningún problema en compartilo, así que si nos vemos antes do acontecemento xa volo contarei.
Publicar un comentario