miércoles, 12 de noviembre de 2008

Magosoto en Lumeares

Despois de sobrepoñerme desta dura fin de semana magosteira (ademais deste o domingo fomos o magosto de Ergos), no que solo pensar en escribir unha entrada reviviame o chourizo. Ademais estiven e sigo esperando por unhas fotos do Héctor que...
O menú chourizos, como xa dixen, castañas claro, e carne ó caldeiro...
Aquí o cociñeiro e o pinche, cantando a de "quen teña viño"
Coa música de Airiños & friends (video do Luis)
O Cándido ainda lle botou unhas cantas
O Luis fixo tocar a gaita, que non é pouco.E un pouco fixo o tolo, con compaña

E para rematar a eso das 21:00: chocolate, por se alguén lle volvera a fame.
Ademais houbo ocasión de botar un rebumbio: os de chaleco roxo (airiños, Jose Portela e Alfonso) contra os de Lumeares. E GAÑAMOS.
Como xa pudeste ver nos videos houbo tempo a botarlle algunha cantada. Ademáis hai outro video das coplas, cantando o Colón, para vir a xunto a min e un máis do baile

7 comentarios:

Natalia dijo...

A envexa corroeme, e non é nada sana.

Julio dijo...

Se vos interesa, o día 22 de Novembro temos magosto na Teixeira, as entradas consiguense no Concello ou volas pillo eu. Saudos!

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

A festa do viño novo, ¿non?

Pois si eso xa te avisamos.

Saúdos e gracias

Natalia dijo...

Por certo hai unha nunha foto que se parece moitísimo a Tata.

Anónimo dijo...

O Candido debe mandar a mensaxe de que está a construir unha desbrozadora nova, con manillar de aluminio e un porta mantas por si o colle o frío.......jejeje.....

Ten razón a Natalia hai que ser mais comedidos e non poñer os dentes longos ós ausentes....

Ata mañá.
Oscar.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Debeu ser apoteósico o magosto. Voulle dar o premio ó Luis por festeiro, polifacético e plurilingüe. Encántanme os vídeos das coplas (especialmente a do señor colón que é unha das miñas favoritas).

Anónimo dijo...

O Pablo Devigo ten os días contados co Luis, dous magostos mais...
Oscar.