
Despois de sobrepoñerme desta dura fin de semana magosteira (ademais deste o domingo fomos o magosto de Ergos), no que solo pensar en escribir unha entrada reviviame o chourizo. Ademais estiven e sigo esperando por unhas fotos do Héctor que...

O menú chourizos, como xa dixen, castañas claro, e carne ó caldeiro...

Aquí o cociñeiro e o pinche,
cantando a de "quen teña viño"
Coa música de Airiños & friends (
video do Luis)

O Cándido ainda lle botou unhas cantas

O Luis fixo tocar a gaita, que non é pouco.

E un pouco fixo o tolo, con compaña

E para rematar a eso das 21:00: chocolate, por se alguén lle volvera a fame.
Ademais houbo ocasión de botar un rebumbio: os de chaleco roxo (airiños, Jose Portela e Alfonso) contra os de Lumeares. E GAÑAMOS.
7 comentarios:
A envexa corroeme, e non é nada sana.
Se vos interesa, o día 22 de Novembro temos magosto na Teixeira, as entradas consiguense no Concello ou volas pillo eu. Saudos!
A festa do viño novo, ¿non?
Pois si eso xa te avisamos.
Saúdos e gracias
Por certo hai unha nunha foto que se parece moitísimo a Tata.
O Candido debe mandar a mensaxe de que está a construir unha desbrozadora nova, con manillar de aluminio e un porta mantas por si o colle o frío.......jejeje.....
Ten razón a Natalia hai que ser mais comedidos e non poñer os dentes longos ós ausentes....
Ata mañá.
Oscar.
Debeu ser apoteósico o magosto. Voulle dar o premio ó Luis por festeiro, polifacético e plurilingüe. Encántanme os vídeos das coplas (especialmente a do señor colón que é unha das miñas favoritas).
O Pablo Devigo ten os días contados co Luis, dous magostos mais...
Oscar.
Publicar un comentario