viernes, 5 de septiembre de 2008

Vinte anos non é nada



Vinte anos non é nada, ou polo menos iso é o que dicía o tango de Gardel. A min paréceme que si, que estes vinte anos que o día sete fai que actuamos por primeira vez, teñen moito que contar, moitos recordos, experiencias,…
O caso foi que os Airiños formáronse aló polo 82, pero cinco anos despois, o Luis do barrendeiro decidiu poñerse cuns rapaces que debutariamos ese sete de setembro do 88. Como podedes ver eramos unha tropa (non como agora que para xuntarnos temos que facer números): Luis, Darío e Luisiño, dos “Ariños vellos”; Lois, Roberto, Juan L Osorio, Iago Rodicio, Iago Rodríguez (Rubio), Claudito, Tomás, Orlando, Rubén, Juanki e Pedro, que non puido debutar por estar convalecente). A este uníronse algún: Adolfo, Toño, Alejandro, Teresa, Patricia e Anabel e Elena, que hoxe forman parte do grupo.
As fotos reflicten a evolución do grupo co paso dos anos:

Ano 91, Mazaira, o día da voda do Luis, ou dito doutro xeito, o día que nos emancipamos.

Ano 92, festa da bica.Mesmo ano, nos Remedios, as gafas de sol son por...
Ano 93, xa coas novas mienbrios, e coa recuperación do Juanecas
E na actualidade (falta na foto a Anabel).
Como non pretendo ser tan enciclopédico como o Pedrito, de momento non vou contar máis e deixo información para o vixesimoquinto anivesario, de momento.
P.D. Un recordo moi especial para o Darío, finado este ano, que compartiu moitos momentos con nos e que nos soubo trasmitir o espíriu festivo que temos da gaita.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Inaugurada a exposición fotográfica de Jorge Cacharrón

O luns foi inaugurada a exposición fotografica de Jorge Cacharrón no Centro Comarcal. Dende aquí convidarvos a que a visitedes, xa que poderedes gozar dunhas instantaneas que resaltan a beleza das paisaxes da zona.

Despois de un longo tempo apartado desta afición retomouna recentemente e como se pode ver adícalle tempo.

Ademais compartirá espazos cunha exposción de grabados do Castro, así que todos os que vos acerquedes ó Castro durante os Remedios buscade un intre para poder visitalas, merecen a pena.
Hoxe (día catro) fun o centro comarcal e vin que fixeran uns folletos con Texto do Pepe Sampaio, do que vou reproducir só unha parte: "Paisaxes é o reflexo dunha observación da natureza no seu momento de espledor, buscando os mellores efectos naturais que cada estación otorga ás imaxes, captándoas coa súa máquina e volcándoas no seu estudo para a finalización"

martes, 2 de septiembre de 2008

Paxina Web de Santa Tegra

O pasado día 27 abríuse unha páxina web de Santa Tegra, creada pola Asociación Cultural e de Veciños Cocas e Danzantes, que ademais de organizar as festas dedicanse a promocionar o pobo.
A nós que nos avisou e o reporteiro na ribeira (Ricardo Rodicio, o da foto).

E claro o falar de Santa Tecla, non nos podiamos esquecer do Pepe. Pois eso, visitádea, firmade no libro de visitas... e que nazan moitas máis.

Máis fotos do Ponte louco: "La juventú er loca"











A frase do tútulo é dun famoso filósofo da Teixeira (o Pío vello), e nas fotos, como podedes ver saen uns clásicos da noite, os mozos da Teixeira, Portela e Lumeares. Enviounolas Julio da Teixeira (moitas gracias), e que ademáis ten unha conta no youtube cuns videos de interese.

Máis fotos do Ponte louco: O Glorioso




Mándounos fotos un dos nosos fotógrafos particulares, o Glorioso (tamén coñecido coma o José Luis do Melucho).

lunes, 1 de septiembre de 2008

Ponte Louco polo mundo adiante: Eladio e Belén

Eladio e Belén foron de viaxe por centroeuropa (Francia, Austria, Italia, Alemania e Suíza) e levaron varias camisetas para que o ponte Louco se faga máis viaxeiro.
Foto: Aiguille du Midi en Chamonix (Francia) ó fondo Mont Blanc e zona
Meersbug, Alemania

Lago de Constanza, Alemania, Austria y Suiza


Estas dúas fotos son de Schaffhausen (o pobo do de Pardeconde), fervenzas do Rin

E finalmente: Lugano, Suiza.
Moitas gracias, e para os demáis xa sabedes, se nos queredes envíar as vosas fotos, nós encantados.

sábado, 30 de agosto de 2008

Malabares no Ponte Louco

Marcos e o Celso xogando con lume no PL 07, pero podería ser en calquera, porque estes actuaron en todas as edicións.

viernes, 29 de agosto de 2008

Por só 5€

O que pode cambiar unha persoa por só 5 €

ANTES

DESPOIS

Andas dando ideas...

O PONTE LOUCO POR O MUNDIÑO ADIANTE








Aí o tedes, fotos de Roma,Siena,Orbieto,Florencia....O PONTE LOUCO POR O MUNDO ADIANTE!!! Cedidas, como se pode ver, por Dori e Alfonso. Por fin fotos como dios manda ( e con esto refirome as que fixo a miña cuñada...) no extranxeiro (vamos fora do Castro).
Tiñamos todas as esperanzas de recibir en breve fotos do Ponte Louco en Jamaica, pero por as inclemencias do tempo vai ser imposible (un tal Gustav anda jodendo por aí). Bueno igual nos poden mandar algunhas de Punta Cana porque parece ser que a camiseta do Ponte Louco si que viaxou para alí ( sen o dono).


Excavacións no Castelo

Andan facendo excavacións no castelo, concretamente:
Na porta que da para a rúa do Sol, onde a casa que era do Sr. Luis (actualmente do Manoliño)
No arco, a antiga torre que dá para a Rúa do Sol

E no interior da torre da homenaxe.


Os achádegos, segundo o arqueólogo, non son demasiado importantes polo de agora:
No ineterior da torre atopáronse restos dunha antiga muralla, que sigue a liña das paredes da biblioteca e que dá mostra de que é anterior tanto a esa edificación coma a actual torre da homenaxe.

Un candado na imaxe


Atopuse unha pedra redonda, coa forma coma se fose dun muíño.


E un pequeño canón, que debeu ser do pouco que escapou ó incendio dos franceses.

Ademais, Iria pedíulle permiso o arqueólogo para axudarlles a limpar algúns restos de cerámica atopados, e alí andaban os rapaces.

jueves, 28 de agosto de 2008

"O Forno" na blogosfera

Marando nos perfís dos bloguer caldelaos vexo que hai unha nova incorporación, o José Luis do Couto, e entro no seu perfil e lévome esta grata sorpresa: http://www.bicamantecada.com/

Unha páxina sinxela pero coa información suficiente.

Pois nada, que che vaia ben, que vendas moitas bicas.

martes, 26 de agosto de 2008

Rota do Biduerial


Faltaba a foto de grupo na entrda do outro días, e como só a fixeramos co cámara de Eladio tivemos que esperar que nola mandara. Pois aí está

O Castro en Acción: o colillometro


Entre outras dinamicas xenais que realiza Iria cos nenos, no castelo, sorprendeume a do colillometro. Recoméndovola.

domingo, 24 de agosto de 2008

Maxia en Lumeares I

Para flipar.

Xa fixera unha entrada sobre o tema, paro para que vexades, os que non fostes, e para que recordedes os que estivestes.

viernes, 22 de agosto de 2008

Exposición fotográfica sobre os fachóns




Durante o inverno do 2007 tivo lugar no Centro comalcal TERRA DE CALDELAS un curso de fotografía dixital, organizado pola Fundación comarcal ó que asistiron veciños da comarca.


O 19 de xaneiro, durante a celebración da festa dos fachóns, os alumnos e profesores do curso realizaron un bo número de fotografíascselecionadas, agora, nunha exposición que serve, ante todo, para agradecer o entusiasmo demostrado durante o curso de todos os participantes, e ó mesmo tempo, para dar a coñecer a propia festa a aqueles que só veñen durante o mes de agosto por estas terras caldelás.
Así vemos nos a noas festa do lume en honor ó San Sebastián. Fachós 19 de xaneiro. ¡estades todos invitados!
Durante o mes de agosto no centro comarcal. Merece a pena

SALDO


Quédanos por aí algunha camiseta de outros anos e facemos unha super oferta:
1 CAMISETA 5€
2 CAMISETAS 8€
IRRESISTIBLE
Como só quedan tallas soltas vóuvos intentar explicar as cores que quedan:
Mozo
XXL Negra, grafito e chocolate
XL grafito, chocolate, gris-azul, 2azuis, e en manga longa negra e kamel
L Negra, 2 azuis, e en manga longa negra e kamel
M negra, choco, gris-azul, gris e kamel en manga longa
Neno
14-16 Verde oscuro
10-12 (as de nenos son desta e de outras edicións) verde, azul, kamel, gris, amarela, e roxa
6-8 naranxa, kamel, amarela, azul (claro e escuro), verde
4 Roxa, azul e kamel
Moza
Munich 08 (que son unhas de tía brancas e roxas) só queda L
Surf 07 (branca e azul) XS
Branca 07 Xs
Tiras M (05-07)Rosa, azul e roxa
Tiras L (05 e 07)azul, verde botella, roxa, negra, kamel

Ponte louco 1

Un vello coñecido, o f0restal-zualoren-hugo-boss,.... colgou este e dous videos máis do pasarrúas no Ponte Louco

jueves, 21 de agosto de 2008

Rota polo Bidueiral


O 20 fomos de rota polo bidueiral, esa marabilla que temos aí tan perto.

Non fomos un grupo numeroso, só eramos 9, é que o estrés de agosto, ser pola semana, as resacas acumuladas,... fixo que algúns siareiros das rotas non puideran asistir.


O día acompañounos, o bidueiral estaba brilante, aínda que a min é a época do ano que menos me impresiona. E con esto de que ata o Campo do Casar se pode chegar en coche houboos que fixeron parte en coche, ¡Ah! e o Victor foi medalla de ouro.

E finalmente unha mostra da exuverante fauna que te podes atopar por alá.