lunes, 13 de octubre de 2008

PLAY! CÁCERES: GECKO TURNER E CHAMBAO

Tiña pensado facer unha crónica escrupulosa do concerto de Gecko (lástima non levar unha camiseta do PL porque podíamonos tocar ca man), pero creo que no blog http://naranjasdelaschinas.blogspot.com/ tedes todo o necesario. Eu botei de menos máis temas coñecidos, pero gustoume moito. Alegroume ver de novo a Piruchi Apó Botupá (de Las hijas del sol) que agora faille os coros a Gecko.
No de Chambao... era imposible acercarse nin as pantallas. Dende donde nós estabamos non se vía o escenario nin se escoitaba como dende primeira fila. Está visto que "La Mari" gusta en Cáceres. A mín non me emociona (demasiado Chill out para min) igual lle collín manía polo anuncio de Andalucía da 1ª, que sempre che fastidia a peli...

Caceres a ritmo de Gecko Turner: CÁCERES CIDADE EUROPEA DA CULTURA

Si che apetece votar para que Cáceres sexa cidade europea da cultura, vai a este enlace: http://www.candidatecities.com/, e mentras disfruta das súas vistas e da voz de Gecko.

jueves, 9 de octubre de 2008

Rotas para camiñar por Galicia


O xornal El faro de Vigo está a editar uns pequenos libriños sobre rotas de sendeirismo que se poden mercar os domingos por 2,95 (creo recordar).
Os libriños en si céntranse por zonas: Courel, Ancares, Fragas do Eume, Trevinca, Xurés,... e Ribeira Sacra. Traas un primeiro número sobre a zona lucense, esta fin de semana ven o da parte ousrensá. Aparte das PR-G, trae outras rutas desas zonas. As explicacións non veñen tan ao detalle como no de Sendeiros e Camiños pero cun mapa millor. Eu xa merquei algún deles e a ver que dice o desta semana

PRESIDENTE Porque te vas

Aquí está a última xoia que atopei. Prestade especial atención ós estilismos e á impecable posta en escena. A coreografía é alucinante, creo que a deberiamos ensaiar para o próximo portelazo.
Si queredes saber máis de PRESIDENTE, visitade a súa páxina (presidenteweb.com) ou ide a myspace (http://www.myspace.com/presidenterock) e xa me contaredes.
Espero que despois de ver o video teñades botado unha risa ;-)

ESTO SI QUE É UNHA FAN





Aquí tedes unha das fans máis noviñas do Pontelouco. A nena é da Teixeira (a foto enviouna o seu tío), e con fotos coma estas todos os que facemos o Ponte Louco medramos un pouquiño máis. Graciñas.

miércoles, 8 de octubre de 2008

Direccion Norte,Por que te vas?

De novo son altazor publicando co nome de Mais cargada (perdón, non sei cómo solucionalo).
Julio da Teixeira coincide conmigo en gustos musicais e deixoume este enlace de youtube, así que eu decidín inaugurar unha sección de versión do tema de Jeannette. Agradécense suxerencias.
¿Qué vos parece iste?

martes, 7 de octubre de 2008

Festival de Cine de Ourense

O proximo sábado, día 11, comezará a décimo terceira edición do Festival de Cine Internacional de Ourense. Os cambios prometidos polo seu director, o caldelao (de Sas para máis señas) Enrique Nicanor, estanse a plasmar. Eu resumiríao cun "máis cine menos alfombra roxa".
Este ano coincidindo co Ano Europeo do Diálogo Cultural, o festival leva como subtítulo "celebrando a diversidade".
As películas que se poderán ver, un total de 377, están divididas en tres grupos. selección ofial, ciclos temáticos e panorama Galicia. representa un aumento significativo con respeto a anos anteriores, o dobre de películas que o ano pasado.
Non teño o programa estudiado, pero o que si prometo é ver a do Kusturica.

lunes, 6 de octubre de 2008

Festa da Carne en Montederramo


Un ano máis, e con este xa van quince, celebrarase unha nova edición da Festa da Carne en Montederramo o vindeiro 12 de outubro.
Imaxino que o programa será semellante o de outros anos(carne ó caldeiro, richada, bica, empanadas, viño, ...) , xa que non atopo moita información; e imaxino (tamén) que esto se fará para que non se produza o desbordamento dos últimos anos, ó que tamén axudará un tempo propio do outono, non coma nos últimos anos.

domingo, 5 de octubre de 2008

PABLO GUERRERO EN EL PLAY CÁCERES

Os escenarios do Play Cáceres: en primeiro termo o do Arco de la estrella e ó fondo á dereita (entre a torre Bujaco e o Concello) El Foro de los Balbos.


Escoltado por berros de: POETA, SOÑADOR!!!!!! comenzou onte o "recital-concerto" que Pablo Guerrero ofrecía no marco do PLAY CÁCERES.


Curiosamente, no Foro de los Balbos había representantes de todas as xeracións: nenos, adolescentes, trintañeiros, nostálxicos... e de todos os estilos: dende estéticas hippies ata punkis, pasando pola miña que se pode calificar de absolutamente normal.


O escenario iluminouse e a voz rota e grave de Pablo envolveunos a todos, eu diria que nos hipnotizou. O poeta, o soñador, o cantautor, mezclou no seu espectáculo de onte o recitado de poemas da súa última obra publicada (Escrito en una piedra, Visor libros, Madrid, 2007) e os temas do seu último traballo discográfico: Plata.


Absolutamente xenial, as caras de felicidade da xente dicíano todo: Pablo Guerrero gusta, e gusta moito.


Ós portugueses TERRAKOTA non os poidemos ver porque se non non pillabamos bo sitio para Pablo Guerrero, pero o pouco que escoitamos de camiño ó segundo escenario gustounos bastante. É un grupo mestizo moi pontelouqueiro.


Para saber do concerto de Noa remítovos ó blog de Roge, so vos adianto que foi EMOCIANANTE, iso é unha voz e un bo sonido.


Seguiremos informando, o próximo venres tócanos GECKO.


viernes, 3 de octubre de 2008

por qué te vas?

Esta é unha versión do clásico de Jeannette que me encanta. Aparece en GRANDES ÉXITOS de Javier Álvarez, un traballo adicado a versións de temas que o marcaron (aí tamén fai unha versión de Rita Pavone).
O tema poi elexido para a banda sonora de Mi vida en 65´.
¿Qué vos parece?

Rita Pavone - Che m'importa del Mondo '64

jueves, 2 de octubre de 2008

Curso para emprendedores no rural


Chegounos un mail dende o CC comarcal pedindo que lle deramos difusión a este seminario. Así que reproduzo textualemte o texto enviado:

Estamos sempre dándolle voltas ó tema de que os pobos morren, que non queda xente, que había que facer...

A próxima semana celébrase no Centro Comarcal de Terra de Caldelas un seminario sobre estas cuestións da creación de postos de traballo, micro empresas, iniciativas no rural etc. ó que se pode acudir para poñer en común esas ideas do que se podería facer e aprender a concretar de forma realista cómo se fan ou deberían de facer as cousas.Serán tres sesións de 4 horas cada día o 7, 8 e 9 de Outubro de 17:00h. a 21:00 h. Para todos aqueles que precisen afondar mais no tema da creación de empresa poderán ampliar a súa formación posteriormente en sesións específicas a partir de finais deste mesmo mes. Se estades interesados en acudir só tedes que apuntarvos no Centro Comarcal por teléfono 988 20 46 30 ou no cctcaldelas@comarcasdegalicia.com (se lle enviades un mail pódenvos mandar o programa)

miércoles, 1 de octubre de 2008

O Xurés: Rota de Padrendo

O outro día fomos o Parque Natural da Baixa Limia (ou Querquenia) a facer unha rota de sendeirismo.
A rota de Padrendo é das recoñecidas pola Federación Galega de Montañismo, concretamente é a PR-G 28. A rota circular comeza no pobo de Padrenda para subir pola beiras do Río Caldo onde se poden ver tres muíños.
Os catro primeiros quilómetros son de pendiente continua ata chegar á cota dos 800m. onde están as vistas máis espectaculares e propias do Xurés galego: serras moi abruptas nas que a vexetación é escasa e na que os penedos graníticos son a única decoración. A foto é da Serra da Eufemia.
Se a subida era importante, a baixada non o foi menos ata que o camiño chega a Torneiros (onde están estes hórreos). Por certo, os camiñantes fomos Alfonso, Dori e máis eu.
Estas covas serviron para gardar o viño. Están excavadas na terra.

Despois fomos a aldea da Cela, onde as casa conviven e aproveitan as moles graticas como se pode ver na foto. Moi espectacular.
Logo aproveitamos a volta para visitar outros lugares de interese: Santa Comba de Bande, a Igrexa do SVII contruída polos Suevos, a máis antiga de Galicia, e o primeiro Monumento Nacional declarado no pais.
Paramos tamén en Aquis Querquennis, un campamento romano no que levan moitos anos traballando. É sinxelo dar unha volta por estas terras e atoparse con importantes vestixos de épocas pasadas, so nos faltou visitar os dolmens de Muíños ou da Moura
Os romanos estarían tolos pero sabían moi ben onde colocar os seu asentamentos, é común, coma neste caso, que preto haxa un manantial de augas quentes, estas a case 50º.

martes, 30 de septiembre de 2008

UN NOVO BLOG DE UN CALDELAO POLA PETRINA


Aquí tedes a súper Roge entrando no mundillo dos blogs: http://www.naranjasdelaschinas.blogspot.com/
Non imos dar feito con tanto ler. Animádevos e entrade a darlle folgos a el para que o seu esforzo non sexa de valde.
Benvido e noraboa

lunes, 29 de septiembre de 2008

¿COÑECEDES A TULSA?

Eu non coñecía de nada a estes bilbaínos, pero tiven a sorte de descubrilos no womad. Hei de dicir que quedei gratisimamente sorprendida con Tulsa. O seu estilo non é nada pontelouqueiro, é máis pop?, pero as súas guitarras, a voz de Miren ¡ENCANTOUME! É moi do meu estilo (jeje, temblade os que non compartides os meus gustos musicais). As súas letras, qué vos vou dicir: tristeza, desesperación, cores grises. Non deixedes de escoitala e, por favor, decídeme qué vos parece.

Bombos de Sto André Freixo de Cima (Amarante)

Este grupo de bombeiros portugueses estivo animando a II maratón do Miño, o 28 de setembro de 2008 en Ourense. Escoitar como retumbaban os bombos unha maña de domingo na zona vella seguro que non lle fixo gracia a moitos (en especial ós que durmían) pero animaron moito.

PLAY CÁCERES



Nesta cidade non hai quen pare!!!! A concellalia de Cultura deixounos anonadados coa organización dun festival que creo que vai deixar pequeno ó Womad. Durante o mes de outubro, todos os venres e sábados haberá concertos gratuitos no Foro dos Balbos (foto superior) e na Praza Maior, concretamente no Arco da estrela (foto inferior) . Aquí tedes o programa e para máis información http://www.playcaceres.com/:

Viernes 3 de octubre:

21.00 horas. Arco Estrella. Raimundo Amador. 22.30 horas. Foro Balbos. Javier Conde. 24.00 horas. Arco Estrella. Orishas.

Sábado 4 de octubre: 21.00 horas. Arco Estrella. Terracota. 22.30 horas. Foro Balbos. Pablo Guerrero. 24.00 horas. Arco Estrella. Noa.

Viernes 10 de octubre: 21.00 horas. Foro Balbos. Gecko Turner. 22.30 horas. Foro Balbos. Saravá. 24.00 horas. Arco Estrella. Santiago Auserón & Original Jazz Orquestra del Taller de Músics.

Sábado 11 de octubre: 21.00 horas. Foro Balbos. Malapata. 22.30 horas. Foro Balbos. Bangladesh. 24.00 horas. Arco Estrella. Chambao.

Viernes 17 de octubre: 21.00 horas. Arco Estrella. Niños de los Ojos Rojos. 22.30 horas. Foro Balbos. Albert Plá. 24.00 horas. Arco Estrella. Diego 'El Cigala'.

Sábado 18 de octubre: 21.00 horas. Foro Balbos. Luis Pastor. 22.30 horas. Foro Balbos. Sinouj + El Guadiana. 24.00 horas. Arco Estrella. Carlinhos Brown.

Viernes 24 de octubre: 21.00 horas. Arco Estrella. El desván del duende. 22.30 horas. Foro Balbos. Javier Arroyo & el Lusitania Jazz Machine. 24.00 horas. Arco Estrella. Oysterband.

Sábado 25 de octubre: 17, 30 horas. Foro Balbos. Conjunto San Antonio. 19, 30 horas. Foro Balbos. amadablan. 21, 30 horas. Foro Balbos. Tango Tres. 23.00 horas. Arco Estrella. Dulce Pontes y Estrella Morente.

Maratón do Miño


Como xa contáramos, fomos facer parte da Maratón do Miño un mini-equipo Ponte Louco (Eladio, Natalia e máis eu) acompañados por Loli e Blas. Fixemos so 18Km en 3:19. Puidemos ver a outros caldelaos, como o Xocas e o José Carlos que particpaban na carreira por relevos. Todo estaba moi ben organizado apesar da dificultade de meter 850 participantes (ademais dos paseantes de adiario) polo paseo do Miño.


Aínda que a maioría dos inscritos ibamos polo paseo, na competición había nivel, destacaría o primeiro que chegou facendo marcha e que lle levou o percorrido entre 3:30 e 4. (nos xa o vimos pasar cando estabamos tomando algo). Por salguén quere ver a clasificación está colgada en varios sitios, por exeplo no Ourense Dixital ou na web oficial
Prometemos aumentar o percorrido para próximas edicións, e esperemos que se apunte alguén máis.

FOISE A MIRADA AZUL

Perdoade que plaxie o titular que un xornal utilizou hoxe para informarnos da morte de Paul Newman, pero é que me pareceu fermosísimo.
A mirada azul foise ós 83 anos ó non conseguir superar un cancro.
Na nosa retina quedará para sempre a súa e o seu arte interpretativo.

viernes, 26 de septiembre de 2008

Monterramo en Jólibu


Montederramo vai ser visto en Jolibu. A película Los Girasoles Ciegos foi preseleccionada para representar ao cine español na Gala dos Oscar e como xa saberedes parte desta foi rodada no mosteiro de Montederramo. Se nos elixen van a flipar os Ianquis.
Quen nos verá acompañando ás nosas grandes estrelas (Victor, Paula, Alberto L., etc.) pola alfombra vermella.
Codearnos con Cloony, Barben, Allen, os Cohen, ...
¡Aurora! vai preparando o medelito, levaremos o licor café e exportaremos os fachós, a feira da carne e, como non, o Ponte Louco. Esta gala, se hai sorte, vai marcar un antes e un despois nos Oscars.