sábado, 23 de abril de 2011
jueves, 21 de abril de 2011
Pospoñemos a camiñada

Ante as máis que malas previsións do tempo imos pospoñer a saída, deixandoa cara o verás (xa informaremos das datas).
A previsión do tempo para ese día, como podedes ver, é peor que mala.
Desculpade as molestias. Seguiremos informando.
Etiquetas:
Andaina por caldelas,
Andainas,
Asociación O Irrio,
Castro Caldelas
martes, 19 de abril de 2011
ANDAREMOS SE NOS DEIXAN
viernes, 8 de abril de 2011
Mapa da camiña
Este é o percorrido, dun xeito máis visual. Recordovos que non é imprescindible apuntarse pero é algo que agradeceriamos.
Etiquetas:
Andaina por caldelas,
Andainas,
C.C Terra de Caldelas,
Castro Caldelas
lunes, 4 de abril de 2011
Camiñada por Caldelas

Despois de dous anos recuperamos esta andaina o próximo 22 de abril, venres de semana santa. O percorrido modificámolo con respecto ao anterior, será máis curto, de uns dez quilómetros.
Esta vez sairemos do Castro en dirección ao muíños polos canellos. Dende aquí seguiremos o río ata a área recreativa da ponte das Táboas e continuamos ata debaixo de Concedelle. Dende alí subiremos ata Basteiros, pasando por Casasoá e Montemiau. Tras pasar pola fonte de Piñeira cruzaremos o Río Caldelas e subiremos por Camba para chegar ao Castro. A idea é facer o xantar na carballeira da Devesa (que cada un leve a súa comida).
O percorrido non é moi longo pero é duro. É imprecindible levar calzado impermeable.
Recordarvos que non é obrigatorio apuntarse, pero si recomendable para que poidamos saber con canta xente temos que contar ou esperar por alguén. Para apuntarse chamar ao Centro Comarcal: 988204630 ou enviarlle un mail á cctcaldelas@comarcasdegalicia.com.
En breves días colgaremos un mapa e máis información.
Etiquetas:
Andaina por caldelas,
Andainas,
Asociación O Irrio,
Castro Caldelas
lunes, 14 de marzo de 2011
AN DE GÜINERS AR....

AQUI TEDES OS DESEÑOS GAÑADORES PARA O CARTAZ E A CAMISETA RESPECTIVAMENTE.Como nos puxestes a cousa tan difícil o final optamos por 1 premio para a camiseta e outro para o cartaz, cada un valorado en 40 euros e unha camiseta do festival.
Graciñas a todos e decirvos que foron uns traballos moi bos e foi moi difícil elixir...de todas maneiras os vosos esforzos non serán en vano e iremos quitando chapiñas cos deseños.
SODES UNS ARTISTAS!!!
Etiquetas:
camiseta ponte louco,
CARTAZ,
concurso camisetas,
PONTE LOUCO 2011
miércoles, 2 de marzo de 2011
Ponte Louco 2011: El Pau (rumba n´Roll)
Un músico cunha dilatada experiencia, xa que formou parte de bandas coma ALPARGATA, Los Granitos de Arena, La Gualtrapa Band ou "El Trío Beleño e a Grotesque Big Band" e mesmo colaboreou con outras coma El Sombrero del Abuelo e Canteca de Macao.
Agora en solitario, pero acompañado de músicos de recoñecido prestixio: Chiki Lora (voz e guitarra de Canteca de Macao), Santiago Cañete (baixista de Alpargata) e Alejandro molina (batería de Fangoria) defínese doma fusión-mugre-tropical.
Pero coma un son vale máis que mil palabras escoitadeo no myspace.
Etiquetas:
Alpargata,
El pau,
PONTE LOUCO 2011
sábado, 26 de febrero de 2011
Concurso cartaz-camiseta
Estes son os debuxos que, de momento, nos chegaron. Porque recordo que tedes de prazo ata o 28 deste mes para entregalos.
En primeiro lugar dicir que estamos contentísimos con tanta participación e agradecidísimos a todos aqueles que participastes.
Aquí quedan para que os vexades:
(A orde dos debuxos é un pouco rara, pero non me deixa recolocalos)
Deduxo 24: Pablo López
Deduxo 24: Pablo López
Debuxo 1: Manolo da Castiñeira
Debuxo 2: Manolo da Castiñeira
Debuxo 3: Manolo da Castiñeira
Debuxo 4: Manolo da Castiñeira
Debuxo 5: Manolo da Castiñeira
Debuxo 6: Manolo da Castiñeira
Debuxo 7: Manolo da Castiñeira
Debuxo 9: Julio Teixeira
Debuxo 10: Julio Teixeira
Debuxo 11: Belén Castro
Debuxo 12: Belén Castro
Debuxo 13: Julio Teixeira
Debuxo 14: Txema San Xulián
Debuxo 15: Txema San Xulián
Debuxo 16: Victor Fernández, quero dicir Pepe da Concha
Debuxo 18: Vicotr Fernández
Debuxo 19: Manolo Teixeira
Debuxo 20: Manolo Teixeira
Debuxo 21: Manolo Teixeira
Debuxo 22: Julián (Grilo)
Debuxo 23 (que non por última menos importante): Sole Puga
Unha vez rematado o prazo de entrega reunirémonos para deliberar, que nos vai levar o seu tempo... Eso si, a decisión que tomemos non vai deixar a todo o mundo contento porque está visto que os traballos son moitos e moi bos.
Etiquetas:
CARTAZ,
concurso camisetas,
concursos,
Ponte Louco,
PONTE LOUCO 2011
miércoles, 23 de febrero de 2011
Ponte Louco 2011: Ce e a Orquestra Pantasma
Outro ano máis contaremos co home Orquestra Ce e a Orquestra Pantasma, eso si este ano só o venres... non vaia ser que se canse de nos
Etiquetas:
Ce e a Orquestra Pantasma,
O Castro,
Ponte Louco,
PONTE LOUCO 2011
viernes, 28 de enero de 2011
PONTE LOUCO: AXUDAINOS COMPAÑEIROS....

Como dirían Os Cempés: "Axudainos compañeiros axudainos camaradas axudainos ccompañeiros a facer a foliada....." E por eso pomos en marcha un ano máis a posibilidade de colaborar co Ponte Louco presentando un debuxo o imaxen que sirva para o cartaz e a camiseta de este ano 2011.
Por o esforzo haberá recompensa e o debuxo ou imaxen elexida recibirá un premio valorado en 60 euros e dúas camisetas co novo deseño.
As vosas ideas deberedelas facer chegar o mail: maiscargadadebombo@gmail.com, e tendes de plazo ata o 28 de febreiro de 2011.
Esperamos as vosas ideas. FORMADE PARTE DE ESTA ILUSION QUE SE CHAMA PONTE LOUCO!!!!
martes, 18 de enero de 2011
19 DE XANEIRO


Por si hai algún despistado que non se lembre mañá temos os fachós en Castro Caldelas, unha festa única a que case é pecado faltar.Deixamos algún enlace para que vos vaia facendo a boca auga...
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/01/12/0003_8959461.htm
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/01/12/0003_8959461.htm
martes, 21 de diciembre de 2010
Actividades de nadal
Guardar ahora

Este mes de novembro están expostas no Centro Comarcal Terra de Caldelas unha serie de fotografías feitas por Carlos Campos durante as actividades do Ponte Louco 10 que ten como temas as miradas dos nenos que participaron nesas actividades.
Ademais os días 29 de decembro de 11 a 13 horas e o 3 de xaneiro de 16 a 18 (OLLO CAMBIRÁNSE AS DATAS) realizaremos dende a Asoc "O Irrio" un obradoiro de reciclaxe centrado na elaboración de abalorios a base de fieltro. Se alguén se quere apuntar ten que se porñer en contacto co Centro Comarcal
Etiquetas:
Asociación O Irrio,
C.C Terra de Caldelas,
Fotografía,
Fotos,
Ponte Louco,
PONTE LOUCO 10
lunes, 8 de noviembre de 2010
PONTE LOUCO POR O MUNDO ADIANTE: XOANA, IRIA E DAVIDE EN CAPRI E AMALFI-RAVELLO





Asi de juapos e marabillosos luciron a nosa camiseta na lúa de mel Iria, Davide e Xoana, e como a Iria non nos daba mandado as fotos aproveitamonos do feirbú para conseguilas. Bicos os tres e graciñas.
Etiquetas:
Cuchufellos,
PONTE LOUCO 10,
Ponte Louco no mundo adiante
sábado, 11 de septiembre de 2010
viernes, 10 de septiembre de 2010
lunes, 6 de septiembre de 2010
domingo, 5 de septiembre de 2010
sábado, 4 de septiembre de 2010
viernes, 3 de septiembre de 2010
jueves, 19 de agosto de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)