

Outro ano máis os adegueiros da zona farán as delicias de todos os que se acheguen a Feira do Viño da Ribeira Sacra que se celebrará os días 24 e 25 de Xullo na praza do Prado de Castro Caldelas.




Esta semana inaugúrase unha nova exposición no Centro Comarcal organizada por dito centro en colaboración coa Asociación O Irrio.












Protagonistas da mellor festa do mundo mundial: chourizos,viño,lume,palla,música, e como non, xente,xente,xente.
Con todo esto e con moitas gañas, nas terras de Caldelas vense celebrando desde fai moitos anos unha festa que non so reúne a practicamente toda poboación do Concello de Castro Caldelas e concellos limítrofes, senon tamén a moitísimos visitantes que cada se animan a celebrar esta festa con todos nós. Son os folgos de todos os que fan esta festa ,e so se entende unha vez que se vive. Para todos os caldelaos é unha honra selo o dezanove de Xaneiro. Poder vivilo todos os anos e contar os días ata o seguinte ano,unha paixón. Se nunca estivestes que saibades que xa queda menos para o próximo ano e ide aprendendo: VIVAN OS FACHÓS,VIVA SAN SEBASTIÁN!!!!
A asociación O IRRIO e o Centro Comarcal organizan para este nadal sesións de cine pola tarde. Si vos acercades polo centro poderedes ver casi todas as pelis de Tim Burton.


Fai máis de dez anos tiven a sorte de ver unha exposíción da que quedei prendada. O autor daqueles coloristas e oníricos lenzos que me deixaron prendada era un tal Leandro. A sorte quixo que fai pouco me poidera "reatopar" con este magnífico pintor e poidera ter acceso á obra que realizou nos últimos anos.
Como podedes ver pola imaxe de arriba, Leandro tamén se está dedicando á ilustración de contos, e precisamente este estivo seleccionado este ano para a bienal de ilustración de Bratislava.