jueves, 14 de agosto de 2008

ALBERTO DE CAMBA: NOVO BLOG CALDELAO



Eu xa escoitara rumores de que máis xente do Castro estaba creando a súa bitácora, así que hoxe decín poñerme a investigar e entereime de que Alberto ten a súa. Alberto, ainda que é un rapaz moi xoven (ten 7 anos), xa é vello coñecido noso porque participou no taller literario o verán pasado e creou unha bitácora chamada http://www.albertodecamba.blogspot.com/, nela cóntanos a súas aventuras e viaxes. Visitádea.

miércoles, 13 de agosto de 2008

Rota polo Bidueiral


O 20 facemos unha rota polo bidueiral, imaxino que xa estaredes enterados. Como esta vez non pode vir a Dori a "inscrición" podémola facer aquí mesmo; máis que nada para ver se hai que levar a alguén ou como temos que facer para quedar.


A rota sae da Mogaínza, facendo 5 Km ata o Campo do Casar, onde se fará o buclue circular do bidueiral, de 9,1 Km, volvendo ao Campo do Casar, dende onde voltaremos á Mogaínza.

Total 19,1 km. Dificultade media-baixa.

Hora de saída dende a Mogainza 12:00, dende o Castro 11:15

lunes, 11 de agosto de 2008

Festa en Santa Tegra

En primeiro lugar darlle a noraboa a Asociación "Cocas e Danzantes" por reinventar esta festa, e por seguir coa tradición destas festas.


O sábado a festa empezou coa Charanga Terras do Bibei. Seguimos os Airiños, e pechou a noite Ultraqäns. UN EXITO.


Antón, e demais compoñentes xa son uns vellos coñecidos porque tocaron no PL con Bundi, Banda potenkim e un par de veces cos Tres Trebóns.
Aínda que había xente que non o quería ver.

Andaba por alí o dobre (blanco) de M. A. Baracus


Houbo quen emulou ás cocas, que finalmente saíron ó día seguinte.


E do Cándido pouco hai que dicir que non se vexa na foto... que andaba por alí

Festas en Lumeares

Aviso para navegantes: só temos fotos da maxia, xa que viñemos dende Ourense exclusivamente para elo (porque pola noite tiñamos que estar abaixo), así que si alguén quere mandalas, xa sabe...
Como podedes ver a afluencia foi considerable para ver a estes dous "ases" (nunca mellor dito) da maxia.

Lograron asombrar os maiores...

... e ós máis novos.

A pesar de que algún voluntario lle fastidiou un par de truquiños, pero como me deron tres gominolas xa temos moito falado de traelos no Ponte Louco 09.

E o truco final: para flipar. Antes de empezar, no ensaio, fixeronmo a min, e dixen: ¡bueno! aquí é imposible que ma colen, e ¡tachán! apareceron os catro ases no sobre, quedei parvo.

E cando nos fumos quedaba todo preparado para a noite, ¿como acabarían?

Ah! colguei algún video no youtube

jueves, 7 de agosto de 2008

NORABOA A PABLO DEVIGO


A maioria de vós xa saberedes a noticia si onte lle botástedes unha ollada á Voz de Galia. Pablo Devigo, o gaiteiro caldelao (á esquerda da foto) , acaba de acadar outro premio máis. Niste caso falamos do McCrimmon do festival de Lorient. dende aquí queremos facerlle chegar a nosa noraboa por este novo éxito. Se queredes saber máis pinchade aquí: http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2008/08/06/0003_7039906.htm

TEREMOS QUE ESTAR PREPARADOS









ESTAMOS DESCONCERTADOS, INTRIGADOS E EXPECTANTES... ¿CON QUE TIPO DE MAXIA NOS SORPRENDERÁN MAÑÁ OS NOSOS AMIGOS DE LUMEARES? SERÁ MAXIA TIPO URI GELLER OU HOUDINI? ¿OU UNHA COUSA MAIS MODERNA COMA HARRY POTTER OU TAMARIZ?. NON VOLO PERDADES AMIGOS, O SABADO NON SE VAI FALAR DE OUTRA COUSA.
LUMEARES AS 18:00 HORAS


miércoles, 6 de agosto de 2008

Ponte louco 08 IV: As fotos do Fer do Campos

Como xa dixemos andamos na procura de máis fotos para que medre a galería de imaxes do Ponte Louco. O primeiro doador foi o Fer. Moitas gracias. Esperamos máis



Parte dos que nos comemos os marróns, é dicir a organización.



Nós contratamos uns títeres, pero parece ser que medraran as marionetas.

A pantasma e o David cuchufello mirando ¿?


É bo fotografo e mellor vendedor, viralle pola xenética...

Ademais ten a capacidade de ver cual é camiseta ideal para cada quen.



Como non estaba o Luisito "simpi", trouxemos a un sustituto, pero non foi o mesmo. Non te preocupes Alfonso, que despois da foto do Berni ninguén fai o ridículo.

Que ricos os cachorros (ou perritos), e eso que eran algo rebeldes.

O dúo sacapuntas. Mira que son animados estes rapces.


Telú embrazadísima, e demais Cuchufellos.


A tuna: "no me amenaces..."


O SON DAS PEDRAS

E tamén este ano, O son das Pedras en Montederramo, apra que non digades que non vos temos informados de todo o que pasa nas TERRAS DE CALDELAS

ROCK'N RIO: O CARTEL

Os de Río que tamén se están metendo no mundullo dos festivais, mándannos o cartel para que lle votemos unha ollada.

Moita sorte no voso estreo

martes, 5 de agosto de 2008

Ponte louco 08 III: O concerto

Aquí é cuando empezan a escasear as fotos (todo o que poda que nolas dea), xa que coma tiña que tocar cos Airiños non me puiden sacar fotos.


Tanghana´s Show, moi cañeros e sorprendentes.
Dos Cuchufellos, pouco queda que dicir que non se sepa. Tralo gran e bo cambio que deron o ano pasado, este podemos dicir que se consolidan polo bo camiño, cada vez teñen un repertorio máis animado, sonan máis a banda, ...
Da Tuna, que como estabamos na barra intentando solucionar os problemas da cervexa non puidemos ir sacar fotos.



Os malabaristas, espectaculares; e ademais nas fotos lucen moito.
Esperamos que nos inviedes fotos, xa que nos gustaría completar a galería e colgalos no flickr

Ponte louco 08 II: Xogos Populares, Títeres e Canier

Este ano a encargada dos xogos foi a Iria (Moitas Gracias). Botáronlle a man Paloma e Teti







E ata os títeres se animaron.





Seisdedos co espectáculo Varietés
E Cándido, que debido os nervios non deu terminado o monólogo, unha mágoa. Pero xa teremos ocasiónde volver a velo