
Que vos parece? A min realmente gustame un montón (incluso para un futuro cartel...)
Máis contos, máis coplas. Esta vez ás protagonistas do primeiro video (Graciana e Mª do Carme) úneselle ó Cándido (o fillo da última)
Aquí tedes un petisco do que deu de si o magosto de lumeares (porque deu moito de si) para ir abrindo boca. Mª Carmen e Graciana recordanto cancións de cando eran mozas (máis do que son agora). Seguiremos informando
O próximo 15 de novembro celebrarase a II andaina da castaña en Parada do Sil. A rota será a recen estreada PR-G 98 (Rota Canón do sil-Sta Cristina) e que conta de dous bucles de 8km e 10,5 Km respectivamente (é dicir 18,5 en total). Debido ós constantes desniveis a rota é de dificultade media-alta.
Ese mesmo día, a partir das 11 da mañá, tamén se celebrará a II andaina para cativos polo sendeiro das carriozas cun percorrido de 3,5km, e que contará con guías.
Na web do Clube de Montaña da Ribeira Sacra pódese descargar o folleto.