miércoles, 12 de noviembre de 2008
Magosoto en Lumeares
lunes, 10 de noviembre de 2008
PINTADA LOUCA!!!
Que ninguén se asute nin pense que xa toleamos de todo. O culpable de todo e Julio Rodriguez, e como suporedes é unha montaxe, inda que eu o abrir o correo quedei un pouco asustada e pensei que os Luters Kins (como di o notario) atacaran o castelo, pero non!Que vos parece? A min realmente gustame un montón (incluso para un futuro cartel...)
domingo, 9 de noviembre de 2008
Recordando copla no magosto de Lumeares II
Máis contos, máis coplas. Esta vez ás protagonistas do primeiro video (Graciana e Mª do Carme) úneselle ó Cándido (o fillo da última)
Recordando coplas no magosto de Lumeares
Aquí tedes un petisco do que deu de si o magosto de lumeares (porque deu moito de si) para ir abrindo boca. Mª Carmen e Graciana recordanto cancións de cando eran mozas (máis do que son agora). Seguiremos informando
jueves, 6 de noviembre de 2008
lunes, 3 de noviembre de 2008
viernes, 31 de octubre de 2008
Felicidades
jueves, 30 de octubre de 2008
Mosteiro de Trandeiras
miércoles, 29 de octubre de 2008
II andaina da Castaña

O próximo 15 de novembro celebrarase a II andaina da castaña en Parada do Sil. A rota será a recen estreada PR-G 98 (Rota Canón do sil-Sta Cristina) e que conta de dous bucles de 8km e 10,5 Km respectivamente (é dicir 18,5 en total). Debido ós constantes desniveis a rota é de dificultade media-alta.
Ese mesmo día, a partir das 11 da mañá, tamén se celebrará a II andaina para cativos polo sendeiro das carriozas cun percorrido de 3,5km, e que contará con guías.
Na web do Clube de Montaña da Ribeira Sacra pódese descargar o folleto.
lunes, 27 de octubre de 2008
En santos neve nos campos
Recomendación: Fotos do David de Pedrouzos na web de Sta Tegra

OUTONO FOTOGRAFICO II
Outra veciña de Terra de Caldelas no Outono Fotográfico.María Castro exporá no Centro Comarcal de Castro Caldelas a súa obra "AZUL".
Trátase de unha proxección das suas fotos así que acercádevos a velas.
María X (Pérez Castro)Castro Caldelas, Ourense, 1979
Iniciouse na fotografía de forma autodidacta; posteriormente foi alumna do fotógrafo Peter Schneider, e realizou o Ciclo Superior de Fotografía na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago. Antes de terminar os seus estudos comezou a facer fotografía para a publicidade de empresas e negocios. Así mesmo, impartiu varios cursos de iniciación á fotografía en institutos e escolas privadas. Na actualidade traballa como autónoma: desde 2004 colabora co Patronato Provincial de Turismo de Ourense, realiza fotos para a publicidade de empresas de todo tipo, e no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira desde o ano 2002. Nestes momentos realiza as fotografías para unha guía turística sobre Ourense que publicará este ano a editorial Everest. Ten múltiples exposicións individuais e colectivas, tanto en Galicia como en Portugal (Braga, Lisboa, Porto), e ten imaxes publicadas en varios libros, como Cociña tradicional do Ribeiro ou o volume 3 de As mellores receitas da cociña galega, ademais de portfolios nas revistas La Fotografía Actual e Búsola
domingo, 26 de octubre de 2008
O OUTONO, AS SETAS E O MAGOSTO.

Intento consolarme pensando que dentro de cinco días por aí andarei, ainda que un fin de semana non me chegue a nada. Espero poder ver in situ as árbores da piscina, facer algún roteiro (para torpes, que xa vos coñezo e sodes demasiado profesionáis para min) e por suposto comer castañas a esgalla e chourizo con moderación. Tampouco me importaría probar algunha das setiñas da foto...Ponte Louco polo mundo adiante: Lois II (Ás veces as segundas partes son mellores)

Xa hai uns meses falamos deste pontelouqueiro, e entre todos parece que lle iamos quitando importancia aos seus viaxes polo sudeste asiático. Entre o resto de viaxeiros por Suíza, Italia, Portugal, Ás Médulas e o viaxe frustrado a Xamaica, fomos restandolle importancia á superioridade das súas viaxes.Tamén hai que citar ao Campos, que andibo de cruceiro polo Mediterraneo, mecou a camiseta do Ponte Louco, púxoa e esqueceuse de sacar a foto. Gracias
viernes, 24 de octubre de 2008
OUTONO FOTOGRAFICO

Comeza en ourense o Outono fotográfico e este ano temos o placer de contar cas fotos dun veciño,(e o meu cuñadísimo) Jorge Cacharrón. Participa ca súa exposición "Paisaxes" e enriba podedes ver unha mostra da súa fotografía.
PAISAXES:
Jorge Cacharrón
Percorrido visual do inmenso valor paisaxístico que ten a comarca de Caldelas (Ourense), para atopar ese misterio que envolve o verde galego, os recantos, as fontes e camiños; en definitiva, trátase de reflectir a súa beleza e diversidade.Na Sala de Caixanova do Barco de Valdeorras, do 3 ao 15 de novembro
jueves, 23 de octubre de 2008
Galicia encantada

Coidando a imaxe
lunes, 20 de octubre de 2008
¿Estabamos de luto? Por nó
Os que andades de noite polo Castro xa vos destes conta de quen é este da foto. O Senén é de Pigüeiros, ainda que leva toda a vida en Barcelona. É unha persoa coñecida e recoñecida, non so por a súa pinta (en especial polas gafas), é un famoso promotor musical (non sei moi ben como catalogalo? ). Pero ademais fai os seus pinitos na televisón: No crónicas, nun programa que emitía a dúas pola tarde (para nenos) sobre ciencia, e agora seica fai os seus pinitos, segundo informa un corresponsal en madrid, como crítico de cine (volvede ler o título, en especial a segunda parte)jueves, 16 de octubre de 2008
Premio Vicente Risco 2008


